Beherapenak-Merkealdia
Estamos nas rebaixas de cheo e por vender ata Zara escribe " Rebaixas " nos seus escaparates cando se negaba a escribir " Bo Nadal " unhas semanas atrás. Nesta ola de rebaixas ata as tendas de animais teñen rebaixas e atopamos productos curiosos como pantufas coas cores da bandeira española e co touro incluído, DVDs dos Tonechos e miles de trangalladas máis.
Éche ben difícil non caír na trampa así que ten muito olliño co que mercas.
Etiquetas: curiosidades II
17 comentarios:
Eu nin o fixen nin o farei, nestes momentos non preciso de nada, polo que gastaria os cartos por gastar e o final acabas cos armarios cheos dunha morea de cousas que xa nin te acordas de que estan.
Biquiños.
O malo é que Zara aínda mantén a súa marca "Zara home", que como ben sabes non se refire ao macho, senón á súa vivenda. Unha mágoa.
Eu teño un tremendo problema para ir de compras. E se é en rebaixas (todo cheiño de xente), moito peor.
De feito esta fin de semana pospuxen ir a comprar. Pospoñer a tortura non sei eu se será unha tortura maior, pero boeno...
non me podo crer o de zara, eso debe de ser pq aínda non me pasei polas rebaixas... e aínda que non me guste recoñecelo me gustan os trapiños máis do que deberan...
moitos bicos e feliz ano cheo de sorte e saúde, que aínda non volo desexara.
coido que ninguén se librará da febre das rebaixas, moi difícil será...por certo em catalunya zara ten todo rotulado em catalá...
Eu xa fun ás rebaixas.
Pequei o venres ao mediodía, pero merquei só cousas que necesitaba, bueno menos un bolso que me gustaba moito, antes custaba 30 € e estaba agora rebaixado a 10 €.
...
Pero quixera falar doutra cousiña tamén polémica nestes días, do tallaxe do grupo Inditex.
Uso pantalóns vaqueiros, como case todo o mundo. Antes talla 38.
Agora:
*Fun a Bershka, tódolos pantalóns rebaixados estaban mesturados. Busquei 5 da talla 38.
Carallo, como adelgacei! Eran todos enormes. Ao final merquei un da talla 36.
*Fun a Pull & Bear, escollín 4 da talla 38 e fun ao probador.
Carallo, como engordei! Non me subían da cadeira (e case non teño). Merquei un da talla 40.
***
Xa non sei a talla que uso.
Penso que as rebaixas son para aproveitar e mercar aquelas cousas que fora desta tempada non mercaríamos, ou aproveitar os saldos.
Eu, por exemplo, sempre aproveito o 30% de desconto que fai El Corte Inglés nas películas e series en DVD's durante estes dous meses. Fago acopio ata o verán.
¡Boas rebaixas!
e por certo...
antes a xente queixábase de que confeccionaban roupa a propósito para as rebaixas e era de menor calidade
agora cónstame que alomenos zara non a fai e a xente quéixase de que hai moi poucas cousas
***
tamén é verdade que hai moita roupa que estaba nas estanterías e sacáronna
e no pull and bear xa vin un xersei que me gustaba o 3 ou 4 de xaneiro e agora atopeino entre as prendas da "nova colección"
Aínda que fagamos propósitos de non ir ás rebaixas ¿quen é capaz de substraerse á tentación de mercar algo cuxo prexo é tentador?
As rebaixas vólvense problema cando se merca o que non se necesita. Aí é onde hai que andar con ollo.
Saúdos.
Em Portugal a Zara já começou as rebaixas há mais de uma semana. E as lojas parecem cheias. Se há coisas que valem a pena, outras nem por isso. Não gosto de levar para casa coisas de que não preciso.
Um abraço.
Amancio Ortega é tan aforradoriño que acolléuse un ano aquela subención da Xunta para pór os carteis das rebaixas en galego que inda está a aproveitálos.........nada máis..
E verdade, todos esperan as rebaizas, pero visto de unha maneira a xente moitas veces merca cousas que nojn necesita. Este mundo agora é moi consumista. Saúdos.
Eu xa fun caer a zara a mercarlle unha camiseta desas rebaixadas a ostia.. pero só unha! de momento só unha ave maría de penitencia! xD
O único idioma universal que atenden as empresas é o dos cartos, zara non ía ser menos, se queremos facer que falen galego hai que presionalas para que o poñan, pedindollo os bancos, as tendas, etc.
Un saúdo
si....
pero esas botas de montaña o 50% son moita rebaixa jejejeje...
unha aperta, gracias por deixa-la tua pegada no bosque.
Pois eu algo si que comprei que falla me hacia.
Eu dende o de Zara home xa non espero nada de amancio
é incrible. acá os zaras e demais familia teñen todos os carteis en bilingüe. a primeira vez que entrei nun aquí e vin "sarrera" pensei que estaba na tenda de calquera outro imperio, e non inditex. por que co galego non fan o mesmo??? os vascos son máis guapos, ou?
A min o de zara home pasoume... daquelas que chegara a santiago a estudar... resulta que eu aínda non entendía moi ben o imperio de amancio e... mi ma q vergonza...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio