Dezaséis meses
O naipelo chega hoxe aos dezaséis meses feito este mozote da foto. Muito cambiou dende esta outra foto feita no mesmo lugar... Agora é dono de oito dentes e unha moa e algún flemón enorme. Camiña mui ben e bota algunha carreiriña. Encántanlle as escaleiras e hoxe subiu os seis pisos do edificio coma un machote mentres o pai se cansaba e o Colín botaba a lingua de fóra que derreaba o pobre do can. Para baixar xa é máis difícil e hoxe levou un tombo e fastidiou un pouco un beizo. O de falar aínda non se dá soltado en case nada intelixible anque pasa muito tempo falando extraterrestre.
E así vai o Leíño.
Etiquetas: leo II
17 comentarios:
Que bonito se ve!
O meu sobriño falaba extraterrestre tamén ata hai uns meses (xa case ten 2 anos). Pregúntome se sería o mesmo extraterrestre e os dous poderían entenderse.
Que siga todo ben
Este rapaz si que é unha regalía.Apertas
Que lindo está seu filho, amigo. E tem um olhar tão feliz que dá regalo olhar. Parabéns para si e sua esposa.
Um abraço
Deus está feito un rapazolo, mimadriña como pasa o tempo, :S
Parabens ao Leo e aos proxenitores por esa delicia de pequecho que trouxeron a este recuncho da galaxia. Da gusto miralo!
Ese neno cada día está máis juapo, nunha destas téñome que poñer coa fábrica de nenos, ben de nenas, e se iso presentámolos que igual ata se gustan e todo.
Biquiños
Xa non ten lorzas e o seu sorriso parece máis luminoso.
Está hermosos, en la foto mas antigua estaba mas rechoncho.
Te veo un papá muy babosiño, es el primeiro o tens mais?
Eh, que babosiños estaremos sempre, con o primeiro o con o ultimo,jejej
biquiños
Xa non te fai falla o ximnasio pa poñerte en forma, ge, ge, ge...
Ten os teus ollos, pero penso que o resto da cara e de Ana.
Biquiños.
Está feito un machote. Medra a ollo.
Que bonitiño está o leo, ten un sorriso ben fermoso.
Unha apertiña
Boas!
pois si que vai tempo que non vexo a Leo, que xa o vexo feito un grandullón.
kiños
Un pide, primeiro, que un neno agrome no ventre.
Despois, que naza sano.
Despois, que medre forte e que vaia desenrolando a súa innata intelixencia.
Despois, que se convirta nun home xusto, honrado, bo. Que atope un/unha compañeiro/a de camiño que teña unha traxetoria vital semellante.
Que unha semente agrome no ventre.
Carai, como se parace o Leo foto ó ó seu papá.
Polo menos nas fotos.
Que Mofletiños!!!
Graciñas a todos de parte do Leíño.
Vai ser bo mozo e políglota, mira que aprender primeiro o extraterrestre antes ca o galego!
Apertas.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio