Tirizó
Eu non acostumo atinar coa xente. Fago a miña presuposición sobre unha persoa e non atino. Poño un exemplo. Hai un compañeiro de choio cachas, guapiño que eu pensaba que era un chuleta. Pero eu estaba errado. O tal compañeiro é alegre, canta ben ( presentouse para unha Operación Triunfo e chegou a estar clasificado en Galicia ) e é un cacho de pan que rescata gatiños abandonados e déixaos durmir na súa cama. E hoxe apareceu cun ollo tapado que pode ser dun tirizó ou turubelo e din as malas linguas que os tirizós saen por ver a unha muller embarazada de forma libidinosa. Eu vou atinar desta vez e vou dicir que o tirizó do compañeiro apareceu de forma natural.
O debuxo é dun tal Leo Ríos.
Etiquetas: etnografia I, traballo I
18 comentarios:
que cousa molesta molesta!!!! eu levo tempo sen ter un deles e dende logo que non os boto en falta! A pregunta, claro, é que pasa coas mulleres? por qué temos tirizós? ;-))
Xa había ben tempo que non oía esa fermosa palabra: tirizó. De feito, creo que andaba esquecida por algún baúl da memoria.
Por certo, sobre o post anterior, cóntoche unha anécdota da miña prehistoria. No 1994, presenteime a un concurso de karaoke, en Celanova. Os meus amigos dicían que cantaba ben e animáronme. O malo foi que o día do concurso púxenme moi nervioso e só conseguín estragar por completo a cantiga "América, América", de Nino Bravo. Que tempos!
Es un home sabio.
Nom me estranha, as mulheres grávidas tenhem um aquele inexplicável, mas irresistível...
Li e achei graça. Fez-me bem.
Um abraço.
Eu creo que si atinas coa xente. O que che sucede é que ao principio mentres non os coñeces baséaste na pinta. E as pintas ás veces non cadran coa realidade porque estamos afeitos a crearmos estereotipos. Iso si, nos estereotipos case nunca aparecen tirizós.
Saúdos
probes guapos
un home guapo é un chuleta e unha muller fermosa e rubia unha aparvada
este post recórdame a reivindicación do arxentino feo ese, non o vin pero ten que ser feo, que pide ao governo arxentino que aprobe un imposto para os guapos que subvencione aos feos
baséase en que para os guapos todo na vida é máis doado
oe, con kichner non o levaba moi mal...
As primeiras impresion non sempre atinan
Mira que non é bo iso de prexulgar a xente polas "pintas", pero ás veces non se pode remediar... Eu non sempre acerto tampouco (gracias a deus)
Certo, non se pode xulgar polas pintas, a maioría das veces érrase.
Pero as veces deixámonos levar e ....prexulgamos.
Unha aperta.
Pois eu creo que tampouco será por iso. Hai que ver a graza que ten a cultura popular!!!
Claro que tens razão. E obrigada pela chamada de atenção. Claro que foram mais de 25 MIL toneladas. Já corrigi o texto.
Grande abraço.
Sou eu mais uma vez. Esqueci-me de te dizer: sim, aquela é a bela praia do Porto Santo. Quase 9 Km de areal dourado.
POr vezes, a pele não conrresponde ao sangue. Temos de ter muito cuidado com as aparências do mundo para não termos surpresas.
Nos chamamoslle orzón.
a min coma a veloso gústame moito a palabra tirizó, anque moito menos ter un.
Falando doutra cousa, podíasme mandar un correo acedre, quería falar contigo.bicos.
Pois aquí chamámoslle tirizolo e contan que sae de...cagar nun camiño.
(Sinceramente, eu prefiro ser alevosamente libidinoso).
Pensa mal e adiviñaras, casi nunca soe fallar, ¿ou si?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio