leoeosseus

xoves, 27 de marzo de 2008

Dezaoito meses



Hoxe o naipelo chega aos dezaoito meses ou ano e medio. Fisicamente está mui ben, en altura sae fóra da táboa e no peso estabilizouse. Usa mui ben as mans pero falla un chisco na coordinación dos pés e di a pediatra que xoguemos co el á pelota pero el non quere e prefire pasar páxinas de libros, catálogos ou contos. Come ben e encántanlle o zume de laranxa e os iogures e tamén lle gusta probar todo pero o malo é que hai que darllo case todo que non colle garfos nen vasos nen culleres. Na fala non avanza nada e só fala coa boca fechada. O día que se solte non vai parar máis. Ten dez dentes e moas, dous flemóns das moas altas e fáltanlle os cairos. Adica o día a explorar almarios e caixóns e a xogar a montar pezas ou follexar libros. Tamén lle gusta ver propaganda da tele e escuitar cancións e bailar. Na rúa encántalle subir e baixar escaleiras e mirar para as rapazas sorrindo...E así vai indo.

Etiquetas:

18 comentarios:

Ás 28/03/08, 00:52 , Anonymous Anónimo dixo...

e así é como ten que ser. verá, verá cando dea en falar... mimá!
:-)

 
Ás 28/03/08, 00:57 , Blogger emereci dixo...

hehe, vaia cariña de pai babexante, eh...Que sexa por moitos anos e medio máis!!!
Bicos

 
Ás 28/03/08, 09:37 , Anonymous Anónimo dixo...

Pedriño, está todo moi ben pero esqueciches limpar o teu queixo, que se ve un fío de baba caindo...
E non é para menos. Ah!, a aproveita mentres non se solta a falar ti, que despois non te ha deixar, como fan os nosos... Eva.

 
Ás 28/03/08, 10:09 , Anonymous Anónimo dixo...

Que bonitiño está! Supoño que xa empeza a exercer os seus encantos coas rapazas. ;)

 
Ás 28/03/08, 11:43 , Blogger Unknown dixo...

Ahá! Cantos estragos tén feito Shin Chan... Seguro que o primeiro que dí é: Ei, moza, gústache o pemento?

:)

Que siga medrando así!

Beijos

 
Ás 28/03/08, 14:11 , Blogger rifenha dixo...

Tem umha carinha redondinha e preciosa.
Da gana de o achuchar.
Ainda bem que só o vemos pola janela internautica e não podemos, que, no meu caso, ia-se aborrecer.

 
Ás 28/03/08, 21:04 , Blogger Torreira dixo...

Este vai pra escritor...apertas pai.

 
Ás 28/03/08, 21:24 , Blogger Ana dixo...

Ala,ala, que papa mas baboso!
O rapaz esta cachas,eh?Que guspetón está echo.
Bicos papaleo

 
Ás 28/03/08, 23:41 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Un ano andante, dous falante.
!esta guapisimo!

 
Ás 29/03/08, 04:22 , Blogger María M dixo...

Dous flemóns igual ca min, que as moas do xuízo non acaban de saír! jeje

E como que non se sabe nada de min? Aiii... E como que o meu blog está parado? Vaia... Iso chegoume ao corazón, jeje. En fin, un bico.

 
Ás 29/03/08, 11:35 , Anonymous Anónimo dixo...

Pero que juapo que está!!! E que cara de orgullo paterno!!!!

 
Ás 29/03/08, 13:30 , Blogger Bea dixo...

Pero que bonitiño é!! e que crecidiño... co de comezar a falar... cando comece non vai a haber quen o pare... Un saúdo ;)

 
Ás 29/03/08, 19:07 , Blogger d´Agolada dixo...

Si que é guapo. canta guerra debe dar e iso que se lle gusta andar con libros e tal aínda non é dos peores jeje. saúdos.

 
Ás 29/03/08, 19:55 , Blogger oko dixo...

que bonitiño!!!
(canto máis leo de nenos, máis ganas teño de que naza o meu sobriño!!!)

 
Ás 29/03/08, 20:59 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

encantoume a foto e o texto. encántame Leo e encántame o Pai tamén ;)


moitos bicos.

 
Ás 30/03/08, 01:38 , Blogger Milego dixo...

Que crecidiño está xa! Dá gusto velo... :)
Se non lle vai o de xogar coa pelota... haberá que ensinarlle a beillar... ;);) ofrézome voluntario :D

Apertas para os dous.

 
Ás 31/03/08, 01:07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Inteligente o Leo, prefere cultivar o espírito ao corpo.
Mas deixe lá que quando ele tomar gosto à bola, não quer outra coisa.
Andar na areia sempre foi muito bom para fortalecer os musculos das pernas, e para ganhar firmeza, além do prazer que dá sentir a terra debaixo dos pés.
Um abraço aos dois.

 
Ás 01/04/08, 11:23 , Blogger vermella dixo...

Este neno promete intelixencia a moreas e está precioso.
saúdos pai "crecho".

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio