leoeosseus

venres, 21 de marzo de 2008

Os monecos e o curso



Hai uns meses o avóM parou o coche á beira dun valo de barro e colleu un pouco para unha bolsa. A avoaM preguntoulle para que era e respondeu que era para facer un moneco. Eu quedei coa mosca detrás da orella e agora xa sei que os monecos son unhas masas de barro na que se enxertan as pólas como a que sae na foto tirada en setembro.

E hoxe mesmo aprendín que en Arbo lle chaman " curso " ao ollo do cu... E por suposto que non poño foto que xa sabes como é.

PD: pois volvín preguntar e o curso ten o significado que apuntan a Rifenha e Kaplan e non só se refire ao ollo do cu senón ao recto enteiro.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 21/03/08, 22:47 , Blogger rifenha dixo...

Em Vimianço, o "curso" é o recto, olho do cú incluido.
Umha velha minha vizinha dizia: O médico doume desses positivos de botar polo curso, pero non sei eu, como me váo chegar ao dedo que tenho enfermo.

 
Ás 22/03/08, 18:32 , Anonymous Anónimo dixo...

en lugo, o curso é o que en vimianço (non sei se lle será útil, señor paideleo); canto ao moneco, o que vde conta é a primeira noticia.

 
Ás 22/03/08, 22:50 , Blogger busto.agolada dixo...

Para min son termos novos e véxolles toda a lóxica. Simpática a anécdota de rifenha.
Unha aperta.

 
Ás 23/03/08, 15:32 , Blogger Raposo dixo...

Pois dous significados novos que aprendín. Grazas.

 
Ás 23/03/08, 16:11 , Anonymous Anónimo dixo...

Para min eran descoñecidos os dous.

 
Ás 23/03/08, 17:27 , Blogger rosa enriquez dixo...

Dúas palabras novas que aprendo. Un bico Paiedeleo.

 
Ás 24/03/08, 16:51 , Blogger tangaranho dixo...

Quê cousas tem a língua...

 
Ás 24/03/08, 17:25 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois en Perdecanai chámanlle "durso" (ou polo menos miña nai así lle chama). Por como o utilizan penso que se refire ao recto e utilizábano para falar diante de calquera e non dicir "o ollo do cu" (uso eufemístico). Como tiña dúbidas pregunteille á miña avoa, e díxome que miña nai dicíao mal, que era "curso". Eva.

 
Ás 24/03/08, 21:37 , Blogger Suso Lista dixo...

E o ano en curso? je je.

 
Ás 24/03/08, 22:03 , Blogger Pau dixo...

O dos inxertos é toda unha ciencia, de pequeno ía co meu avo a facelos, e hoxe en día non sabría facer un. Lastima de ignorancia

 
Ás 24/03/08, 22:09 , Blogger Rui Caetano dixo...

Muito bonita, gostei muito.

 
Ás 24/03/08, 22:15 , Blogger Ana dixo...

Hola
Estoy de vuelta!
Diós como te enteras tu de estas palabras?

Bicos

 
Ás 25/03/08, 18:19 , Anonymous Anónimo dixo...

eu teño aínda incrustado no nariz o olor do pez. na miña terra usábase o pez para facer o moneco.

 
Ás 29/03/08, 23:01 , Blogger paideleo dixo...

rifenha e kaplan: graciñas polo comentario e a aclaración e podedes ver que corrixín o posteo.
busto.agolada: e as palabras que agardan por nós !. O da veciña da Rifenha ten a súa gracia... e non pouca.
o raposo, peke, rosa enriquez, tangaranho: para min tamén eran novas e sempre é un pracer poñelas a circular.
Eva: as variacións créanse así, dándolle distinta pronuncia ou significado a unha palabra.
Espero que teñades sorte no Estravís ;)
suso lista: ha, ha, iso pasoume buscando no Google.
pau: o mundo dos enxertos é un mundo totalmente descpñecido para min pero non aparco a oportunidade de aprender un día.
rui caetano: supoño que te refirirás á foto que non ten mérito ningún pero graciñas igualmente.
ana: xa miro no teu blogo que estás de volta e que o pasaches ben.
Un entéirase desas palabras por casualidade, supoño.
manel vázquez: eu sabía do uso do pez para embarcacións pero non para enxertos.
Tamén é bó sabelo.

Graciñas a todos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio