Paseo pola democracia
Pola mañá fomos votar e ao rapaz que metía os sobres nas urnas notábaselle que traballa de camareiro que dixo " gracias " cando non devolveu o carné de identidade. Logo collemos o coche e pasamos por concellos gobernados polo BNG, polo PSOE e polo PP e ata fomos a unha zona na que non se votaba porque fomos ao estranxeiro mercar cueiros que son máis baratos que aquí.
Bueno, que gañe quen gañe que non suban máis os prezos das cousas.
Etiquetas: curiosidades II
5 comentarios:
Hola
Menos mal que nos queda Portugal........para comprar
"cueiros" y otras cousiñas.
Y como tu dices que non suban mais os precios,eu non podo estirar mais o sueldo!
Bicos guapo
Non pides nada, ti...
Pois nada, a pedir pòr esas boquiñas, je je
Jeje, fíxome gracia o do camarero. E verdade, eu moitas veces cando vou pola rúa e me despido da xente tamén se me escapan as gracias. Será que en tempo real somos máis tempo camareros que outras cousas.
No teu post, con catro palabras fixeches unha analíse máis profunda da realidade que Rajoi nos dous debates, ¡manda carallo coa túa arte!
ana: si. Para algunhas cousas paga a pena ir a Portugal.
Pido muito pero tampouco pido máis.
manoliño captura: quen non chora non mama.
suso lista: a verdade é que son un abofé pero que por non pedir que non sexa.
paquito de penas: a min tamén, soltouno co esa soltura de persoa que trata a clientela a cotío.
Eu non fixen análise ningunha. Fixeime que pasaba por concellos gobernados por distintos partidos e que incluso fun a un país onde non se botaba ese día.
Un saúdo a todos e graciñas polas vosas palabras.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio