Dezanove meses

Hoxe o naipelo fai os dezanove meses. Anda lixeiro e curiosea en caixóns e portas e gústalle arrastrar roupa pola casa adiante e ordear os zapatos en orde e logo metelos en sitios distintos. Segue medrando e ampliando horizontes. Xoga con coches e follexa libros e catálogos e ponse feliz con Pocoyó e Blas. Na rúa sinala a tódolos coches, motos e camións que ve. Segue probando de todo á hora de comer e vai collendo garfos e vasos pero emporcándose todo. Na cuestión da fala segue nas mesmas e non solta palabra. Iso si, fala extraterrestre el só cando xoga. Gústanlle os rapaces e está " enamorado " dos curmáns. Cos adultos descoñecidos vólvese tímido pero con tempo afaise a eles... E así vai.
Etiquetas: leo III
12 comentarios:
Un ano andante, dous falante, todo a o seu tempo.
Tes un premio no meu blog. Pásate a ver cal é. Unha aperta.
Parabéns para o Leo, logo. Xa falará todo xunto, disque é aos dous anos cando empezan coa fala.
Saudíños.
Limpiate a baba,Salgueiro!
Que neno mais guapo tes,non quere falar porque xa falas ti todo por el,jejeje
Falta pouquiño para cumprir o ano,non invitas á festa?
Bicos guapo
Pero que liiindo!!!
A min tamén me encanta Pocoyó, de verdade que me parece super riquiño e divertido ^_^
"...e así vai."
Pois direiche que así vai moi ben.
Xa falará, habédevos cansar de escoitalo facer preguntas ¿e porqué? ¿e porqué? ¿e porque? sempre atopará outra pregunta as vosas respostas, son insaciables.
O neno desde logo está guapisimo.
Apertos e un biquiño para o Leo.
Que boas cousas ten isto dos blogs.. ao Leo gustaralle ler este diario da súa medranza cando poida facelo.
Fermoso regalo
apertas
Pero que crecidiño e que guapo está o rapaciño!! aproveita que a infancia é a mellor etapa... logo cando crecen e comezan a pedir... saúdos!!
Cómeo tío; que agora de pequniños da gana de facelo (Despois, cando medran, daste conta do erro cometido por non habelos papado).
Apertas!
agora falan pouco e case non se entenden pero é cando son máis sinceros
Que preciosidade!
Aproveita agora, que cando teña 19 anos xa non che é igual. O meu "anxiño" máis vello xa cumpriu os 20 o mes pasado e aínda o sigo vendo descolocar libros con cara de pillabán que non mata unha mosca ou sentado a xogar absorto coa roda sa súa silliña...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio