Glamour
A orixe dunha palabra ou a súa etimoloxía segue uns camiños ben curiosos e, ás veces, simpáticos. Así o outro día descubrín a orixe da palabra glamour. Da verba grega grammata que significa letra saiu a verba inglesa grammar que é o estudo das palabras. Para a xente do vulgo a xente que dominaba a escrita era unha minoría que tiña como uns poderes máxicos. Pasaron os séculos e a pronuncia da palabra cambiou influida polo inglés de Escocia e pasou de grammar a glamour e tamén o significado foi modificándose ata chegar ao actual glamour que sería algo así como encanto especial dunha minoría privilexiada ... e que hoxe, curiosamente, non se caracteriza polo bó dominio da palabra e da gramática !.
Na foto poño un exemplo de antiglamour nun cartaz de Vilaguindastre con ese " combirte " tan rechamante.
Etiquetas: lingua II
12 comentarios:
Co fácil que é ter sempre á man un dicionario... que mágoa. Eva.
Por pouco non chegas, que xa cambiaron a publicidade do valado. De calquera xeito, polo menos estaba en ¿galego?
miña nai querida!
onde hai que fixarse moito é nos carteis de caixanova, sempre teñen erros no galego, tradúceno directamente do castelán usando a mesma gramática e pecan con moitos castelanismos
Por certo, hoxe estaba eu nunha cafetería ao mediodía e na tele estaban botando a ruleta da fortuna, e a rapaza á que lle tocaba dixo: P de Porriño (terá na cociña o granito rosa porriño ou será de por ahí?)
unha aperta
Ainda estou aprendendo,pra poder criticar,jeje
Bico e graciñas pola traducción.
Estou esperando un esquema que Mer vai facer,pra que eu non me lie tanto coa gramáctica e os acentos.
Curioso, o de glamour, pero moito mais o de "conbirte", je je.
Que interesante resulta sempre coñecer estas pequenas historias, quén me ia dicir que detrás dunha palabra de uso tan cotián había tanta historia. saúdos.
Buf e que ese ``combirte'' chamalle a atención a calquera, vale que eu meto en varias ocasións a pezuña, pero vese que ese cartel non foi revisado con anterioridade :p, aínda que polo menos está en galego como xa dixeron antes, creo!
saúdos!
Quen coño é o que corrixe os cartaces/libros de texto/novelas/comics/etc????
Un bo comezo sería atalos a todos xuntos no fondo do mar.
Iso si sería unha excelente COMB(inm)ERSIÓN.
É interesante a etimoloxía da palabra glamour. A priori nunca a tería relacionado coa gramática.
As incorrecións ortográficas nun cartaz chaman moito a atención. Habería que aplicar a regra dos carpinteiros: medir vinte veces e serrar unha soa. Aquí sería corrixir vinte veces e publicar unha soa.
Apertas.
Eu pensaba que glamour era una palabra de recente creación e mira ti por onde ven dos grecos.
Eu non sei moi ben a que lle chaman glamour, anque teño escoitado falar del, claro.
Nunca me considerei unha persoa con "iso" :-)¡Mágoa!(Supoño ;-) )
Eva: o que pasa é que ás veces cremos que sabemos.
paidovento: xa non existe pero quedou fichado para a posteridade.
mer: curioso. Eu nunca diría p de Porriño senón p de patata.
ana: criticando tamén se aprende, non creas.
suso lista: muitas veces hai historias curiosas detrás das palabras.
dagolada: e as historias que non coñecemos...
enmeigada: non sei como chegou a ese punto sen que ninguén dixese nada.
Gústame que sexan en galego anque teña erros.
mariola: pois non che sei anque non fai falla pórse tan dramáticos.
busto.agolada: os carpinteiros sonche agudos pero hoxe todo o mundo apura sen comprobar.
o raposo: non hai nada novo baixo o ceo.
cuspedepita: tampouco eu teño glamour pero podo vivir sen iso tranquilamente.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio