leoeosseus

Monday, May 12, 2008

A caza do grilo


Nesta época empezan a cantar os grilos e aproveitei a circunstancia o outro día para cazar un grilo co curmán do Leo, que nunca cazara un. Fomos en silencio guiados polo cri-cri ata facer contacto visual. Cando se decatou da nosa presencia meteuse na toba que é o buraco na terra onde vive. Collín unha herbeira de avea e deixei o talo limpo. Metín a herbeira na toba e púxenme a fuchicar, a darlle voltas como se fixera cóxegas coa herbeira. Daí a pouco saiu o grilo como buscando quen o molestaba e foi o momento de collelo coa man. Metémolo nunha caixiña de cartón cun pouco de ensalada e máis tarde soltámolo.
Cando era eu pequeno tiñamos unha mitoloxía montada ao redor dos grilos. Diciamos que se tiñan dous rabos eran macho e se se levantaban as asas víase unha letra. Podía ser "P" de príncipe ou "R" de rei e cantaba millor o rei có príncipe. Tamén había grilos con tres rabos e diciamos que eran femias e chamabámoslles putas ( pero sen mala intención, era o nome sen máis ) e diciamos que comían os machos. E logo había outro animal que era máis grande có grilo e máis claro e que comía grilos e putas e chamábamoslle carniceiro. Se o topabamos xa o esmagabamos co pé.
Non sei que terán de verdade estas crenzas que tiñamos pero iso era o que pensabamos.

Labels: ,

24 Comments:

At 5/13/2008 2:38 AM, Blogger ictioscopio dixo...

Eu non lembro cal era cal polos rabichos, pero si lembro o dos reis, príncipes... o de putas non lembro pero si eran raiñas ou princesas, non sei. Ese carniceiro penso que vén sendo o "grillo-topo".
Mimadriña, de cada vez que che leo estas cousas lémbrome de cando neno, de cousas case esquecidas :)
Un saúdo

 
At 5/13/2008 11:35 AM, Anonymous peke dixo...

Cando eu era nena había unhas pequenas gaiolas onde se metían os grilos. Eu nunca cacei un, o meu era ir ao estanque da Alameda, en Compostela, e pillar cágados. Acabamos molladiños coma pitos.

 
At 5/13/2008 12:03 PM, Blogger Mer dixo...

Cando era pequena gustábame cazar saltamontes. Metíaos nun bote e poñíalles follas.
Cos amigos xogabamos a ver quen collía o máis grande, e se collías unha cigarra xa eras a hostia.

Gustoume a foto, últimamente a mín tamén se me da por fotografiar bichiños, coa opción esa "macro" da cámara, quedan moi chulas as fotos e pódesenlle ver ata os olliños.

Unha aperta.

 
At 5/13/2008 1:41 PM, Blogger Mario dixo...

Eu tamén andaba a eles, aínda que non lle tiñamos tanta mitoloxía montada.

 
At 5/13/2008 1:47 PM, Blogger O Raposo dixo...

Eu non cacei grilos, era mais de saltóns e bolboretas. Curiosa esa mitoloxía argallada en torno os grilos.
Apertas.

 
At 5/13/2008 4:21 PM, Blogger Ana dixo...

Nos tamén facemos o mismo cos nenos,vamos bajando junto o muro, e cando vemos uno cazamolo!
Mais non conociales tantos nomes...

Bicos

 
At 5/13/2008 4:40 PM, Anonymous manel vazquez dixo...

coincidencias, eu este domingo tamén andiven cos nenos a cazar grilos mais descoñecía a mitoloxía. tamén algún día teño cazado algún no mes de xullo para a pesca da troita.

 
At 5/13/2008 5:50 PM, Blogger d´Agolada dixo...

O canto dos grilos é moi fermoso, ademais, son uns bechos que non lle fan mal a ningúén, non sei como a xente os caza só por diversión. Unha aperta

 
At 5/13/2008 7:03 PM, Blogger canceleiro dixo...

Eu como son urbanita e de pequeno tiña o "trauma" de non ter aldea cando leo estas cousas sempre penso "o que me perdín..."

 
At 5/13/2008 7:33 PM, Blogger eNmEiGaDa dixo...

Eu de pequerrecha tamén ía tras deles... os escoitaba cantar e tiña curiosidade por saber como eran...

Gustabame estar na finca da miña avoa e escoitalos cantar.

 
At 5/13/2008 9:23 PM, Anonymous aopedofarelo dixo...

Dixome Manolo -Busto- que tiñas dificultades co numero de conta:

Toma nota:

Banco Santander-
0049 5918 64 2195227733
De calquera xeito, poden buscalo polo titulo dac onta:
ASOCIACION AMIGOS DOS PENDELLOS DE AGOLADA.
Non ai outra.....
e si non poden que me chamen polo telefono o Banco.
Unha aperta
Angel

 
At 5/13/2008 9:47 PM, Blogger Pau dixo...

Pois si que teño cazado eu grilos de pequeno, metiaos nunha caixa e levaballe follas para comer, pero os dous días meu pai tirabaos a horta.
A min ensinaronme que os de dous rabos eran os cantadores e os de tres chamabanlle matadores, e cada vez que colliamos un de tres matabamolo.
Mira ti como varía a cousa de un lado a outro

 
At 5/14/2008 12:22 AM, Blogger TXARI dixo...

impressionante que sejan as mesmas que as minhas, variabam os nomes, pero tínhamos principes, reis e rainhas...muitos tenho cazado!

 
At 5/14/2008 12:42 AM, Blogger Aurora dixo...

que curioso, nunca oira cousas tales..
:-)
simplemente collíamolos e gardabamolos en caixas ou nas gaiolas esas das que fala Peke.
Teño que decir que fai uns días empezou a cantar un grilo no patio de luces da miña casa, totalmente urbanícola, sin árbores, sin ramiñas nin terra nada máis que nas macetas..non sei de onde ven o canto..pero gústame que esté aí, síntome ben e casi en verán.
;-)
un bico

 
At 5/14/2008 12:46 AM, Blogger ictioscopio dixo...

ah, e para comer dabámoslles unha herba, serradela chamabámola.

 
At 5/14/2008 4:45 PM, Anonymous paidovento dixo...

Creo que son das poucas persoas que de neno non cazou grilos. Tesme que ensinar a técnica un día, ou mellor, ensínaslla ao meu fillo, que aínda está en idade.

 
At 5/14/2008 8:48 PM, Blogger oko dixo...

eu nunca fun coller grilos... :(

 
At 5/15/2008 12:07 AM, Blogger torredebabel dixo...

vaia talento que tes, paideleo! armas unha historia que mesmo é tamén un breve ensaio antropolóxico. Quen nos dera a moitos a metade dese talento!!

 
At 5/15/2008 12:15 AM, Blogger abueloscrisytoño dixo...

Nós xa temos cazamos uns cantos.
Saudos

 
At 5/15/2008 12:15 AM, Blogger paideleo dixo...

ictioscopio: graciñas pola confirmación sobre os reis e príncipes, etc; que se non o dis ata parece que o invento eu.
Tamén hai que agradecer a imaxe do carniceiro que tamén chamabamos ceboleiro.
Outra cousa que non sabía era o da herba serradela.
Aquí aprendemos todos.
peke: pois aínda existen esas gaiolas se te refires a esas plásticas.
A min os cágados non me atraían especialmente. Eran bonitos para mirar pero máis nada.
mer: os saltóns tamén estaban ben para cazar.
Graciñas polo da foto. Fíxenlla ao grilo na caixiña e quedoume ben.
mario: como muita xente. De rapaces andabamos case todos.
o raposo: cada quen ten un becho favorito para cazar ou depende da oportunidade. A min as bolboretas tampouco me atraían polo pó que soltan as asas.
ana: está ben para pasar un rato e soltalos logo.
manel vazquez: si, muita xente que pesca cólleos de cibo. Eu non pesco e nunca os usei de cibo.
d'agolada: normalmente se cazaban para meter na gaiola como dicía peke e para cantar no cuarto. Non era unha cousa mui boa pero tampouco é unha crueldade.
canceleiro: pois eu vivín de pequeno en Vigo pero sempre había un solar onde cazar grilos.
enmeigada: son animais curiosos. A min atraíanme máis os vagalumes pero nunca collín un.
O son dos grilos é o son propio dunha noite de verán como ten que ser.
aopedofarelo:
hoxe xa non houbo problemas e saldei a conta.
pau: miras ?. Os de dous rabos son cantadores e os de tres matadores; dous detalles que coinciden co que dicía eu.
txari: con que coincides ?. Supoño que habería unha crenza máis ou menos común e logo variacións con respecto á zona.
aurora: os grilos aparecen nos lugares máis impensados e non me extraña que teñas por veciño a ese grilo.
paidovento: a técnica non é nada complicada e eu levaba anos e anos sen facelo e saiu rápido. O que é unha sensación extraña son as cóxegas que fai o grilo na man.
Cando coincidamos, se hai grilos, ensínolle aos rapaces a facelo.
oko: nunca é tarde para empezar. O que non sei é se hai muitos grilos polas terras bascas. Sei que en Inglaterra están en perigo de extinción.

Alédome de que haxan tantos comentarios e de que todos aprendamos destas lideiras para rapaces que quedan en marabillosas lembranzas.

 
At 5/15/2008 12:31 AM, Blogger paideleo dixo...

Descubrín isto

 
At 5/15/2008 11:03 AM, Blogger L&M dixo...

a mim a voa dizia-me que os grilos dam sorte porque as ánimas boas vam a eles e por isso nunca se podiam pisar nem por descuido. agora vivimos perto dum monte e, sem saber por onde entram, temos sempre algum pululando por casa e como nom? m&l, argentino dum piso once, e a nena sempre andam apartando os grilos dos lugares perigosos e quando pensam que já disfrutarom abondo colhem o recolhedor da vassoura e ponhenos na herba.

 
At 5/20/2008 10:00 AM, Blogger sara jess dixo...

pero home! quedou sen unha antena...

:(

sen elas poden morrer, perden o equilibrio, a percepción do mundo que lles rodea...

 
At 1/19/2009 8:46 AM, Blogger sexy11 dixo...

情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,A片,A片,情色,A片,A片,情色,A片,A片,情趣用品,A片,情趣用品,A片,情趣用品,a片,情趣用品

A片,A片,AV女優,色情,成人,做愛,情色,AIO,視訊聊天室,SEX,聊天室,自拍,AV,情色,成人,情色,aio,sex,成人,情色

免費A片,美女視訊,情色交友,免費AV,色情網站,辣妹視訊,美女交友,色情影片,成人影片,成人網站,H漫,18成人,成人圖片,成人漫畫,情色網,日本A片,免費A片下載,性愛

情色文學,色情A片,A片下載,色情遊戲,色情影片,色情聊天室,情色電影,免費視訊,免費視訊聊天,免費視訊聊天室,一葉情貼圖片區,情色視訊,免費成人影片,視訊交友,視訊聊天,言情小說,愛情小說,AV片,A漫,AVDVD,情色論壇,視訊美女,AV成人網,成人交友,成人電影,成人貼圖,成人小說,成人文章,成人圖片區,成人遊戲,愛情公寓,情色貼圖,色情小說,情色小說,成人論壇

免費A片,AV女優,美女視訊,情色交友,色情網站,免費AV,辣妹視訊,美女交友,色情影片,成人網站,H漫,18成人,成人圖片,成人漫畫,成人影片,情色網

A片,A片,A片下載,做愛,成人電影,.18成人,日本A片,情色小說,情色電影,成人影城,自拍,情色論壇,成人論壇,情色貼圖,情色,免費A片,成人,成人網站,成人圖片,AV女優,成人光碟,色情,色情影片,免費A片下載,SEX,AV,色情網站,本土自拍,性愛,成人影片,情色文學,成人文章,成人圖片區,成人貼圖

 

Post a Comment

<< Home