leoeosseus

Saturday 10 May 2008

Publicidade enganosa



Estes días aparecen espallados aquí e acolá cartaces como o que sae na foto onde unha muller recibe con brazos abertos a quen le o texto. A imaxe da moza está ben ou mal segundo se vexa. O que me parece un engano evidente é a imaxe da torre de Catoira nunha praia. Haberá quen busque ou pregunte por unha praia con esa torre e esta imaxe non se dá polas Rías Baixas porque é unha montaxe.

Este sería un exemplo de publicidade enganosa para o meu parecer.

Labels:

7 Comments:

At 12/05/2008 00:31 , Blogger Fada Branca said...

a min como que non me parecew moi ben a verdade

 
At 12/05/2008 10:00 , OpenID Meris said...

Eu creo que o que pasa é que o publicista ten demasiada visión de futuro. Quen sabe se con esto do cambio climatico dentro de centos de anos non se evapora a auga dos mares, se seca a ria e efectivamente chega a praia a Catoira...

 
At 12/05/2008 13:32 , Blogger A zanfonista said...

A min non me parece moi convincente. Saúdos.

 
At 12/05/2008 18:52 , Blogger Ana said...

Eu nunca habría de darme conta,pois non sou daqui,alegrome que hai personas coma ti,que deixanme ben claro como vai Galicia!
Co as fotos tan bonitas que hai da ría....

Bicos

Xa estou de volta

 
At 12/05/2008 20:34 , Blogger vermella said...

Esta publicidade non so é enganosa,tamén surrealista.
aquí na coruña fai pouco vin uns carteis dunha inmobiliaria que ofertaba adosados en oleiros e dicía:" a diez minutos de coruña",case morro da risa,en horas punta podes tardar unha hora.

saúdos.

 
At 12/05/2008 21:56 , Blogger tangaranho said...

O que vaia às Torres o que vai achar é um rochedo. Aquí dentro de pouco acabarám pensando que a Catedral de Santiago está ao lado da praia de Riazor.

 
At 12/05/2008 22:14 , Blogger Suso Lista said...

Pois eu vou ir preguntar pola moza cos brazos abertos(será das Rias Baixas?) je je.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home