leoeosseus

Wednesday, May 14, 2008

Un veciño con retranca



Hoxe por fin puiden pagar o xantar da xuntanza de blogueiros en Agolada. Aproveitei un momento que non chovía e baixei co Leo. Este apuro contrarreloxio lembroume un día haberá tres semanas ou cousa así. Tamén baixara a pé e tiña que volver rápido que tiña hora no perruqueiro. Topeime cun veciño mui falador que é enliante e estivemos un bo chisco a falar. Dalí a un pouco díxenlle que tiña cita para cortar o pelo:

Eu: - Bueno, teño que marchar que teño cita no peluquero.

O veciño: - Non se pode ir muito que cobran caro. A última ves paghei des euros.

Eu: - Pois onde vou eu solo cobran nove euros.

O veciño: - Home, a min tamén me cobran nove euros pero deixo un euro de propina...

Iso é o que digo eu que é retranca.

Labels:

8 Comments:

At 5/15/2008 2:03 AM, Anonymous Paquito de Penas dixo...

Nos tempos que corren só sabemos canto se pagou a última vez que fomos :-)
Apertas e bicos.

 
At 5/15/2008 10:56 AM, Blogger L&M dixo...

ou economia realista...muito tem de aprender solbes...

 
At 5/15/2008 10:58 AM, Blogger Mer dixo...

jaja, vaia co veciño, e xa soubo que tí non deixas propina

eu non vou á xuntanza, esa fin de semana teño unha obrigada xuntanza e comilona familia, pasádeo ben

unha aperta

 
At 5/15/2008 11:46 AM, Blogger loo rock dixo...

Amigo,
Pasei pelo teu blog, y me encanta siempre Galicia y sus falares.Por eso es mi segunda terra la que más amo. Y teria moito que contarte claro que o meu gallego no es claro pero voy a tentarlo cuando paso por as Rias Altas a Ortigueira y Estaca de Bares. As soidades son grandes como o mar de Cantabria. Y voy a poner algunos poemas de Galicia en mi blog, pero perdoname home pois o Gallego es unha mescla. Hay que seguir tentando... y te aconsejo a non cortar los pellos aqui en Portugal pois son 15 euros sin propina.... y sin uña copa de viño o unha caña.
Adeus,
Carlos

 
At 5/15/2008 12:56 PM, Blogger Ana dixo...

Jejeje...que personaxe!
Aún que non queiras sempre sacan algo.O deles é falar!

Eu tan pouco vou a xuntanza,teño demasiados festexos e non me dan os cartos pra tanta festa.

Bicos

 
At 5/15/2008 2:41 PM, Blogger busto.agolada dixo...

Pois, paréceme moi bo exemplo do que é a retranca fina e inocente.
Unha aperta e ata o 31

 
At 5/15/2008 8:23 PM, Blogger Rifo I de Zeuquirne dixo...

Pois xa dixo o Menistro que non se pode deixar un euro de propina porque son moitas pesetas.
Bo exemplo de retranca
apertas

 
At 5/16/2008 12:41 AM, Anonymous paidovento dixo...

Iso non é retranca, é un vacile en toda regra.

 

Post a Comment

<< Home