Unha aposta
O outro día estivemos falando os compañeiros de choio sobre Eurovisión e o Chiquilicuatre e, ao final, acabei apostando as cervexas dunha semana contra un compañeiro. El dicía que vai quedar entre os seis primeiros e eu digo que acabará entre os dez últimos. Ao final rematamos partindo a lista en dúas metades e o compañeiro di que quedará na metade dos primeiros e eu digo que queda na metade para abaixo da lista.
Supoño que gañarei a aposta pero se non é o caso non me importa porque ese compañeiro, enxuito coma un asubío e que me lembra un xudeu dun campo de concentración é o que millor me cai da empresa por traballador e bó compañeiro.
Etiquetas: traballo I
11 comentarios:
Pois entón, meu amigo, se che cae ben invítalle ti xa a cervexa, e non esperes para aproveitarte da súa inocencia :-)
En canto a palabra chiquilicuatre, coido que define moi ben o sentir da gran maioría. A min paréceme que o espectáculo está a altura do mesmo festival.
Apertas e bicos.
Neste festival nunca se sabe porque a calidade musical e artística non é o que prima, asi que pode ocorrir calquera cousa, mesmo ata pode gañar Irlanda que leva un pavo cantante .
Apertas.
Uf, tengo en conta que este ano é frikivisión, pode pasar de todo, mesmo me dixeron que vai un pavo ou un polo cantar ao evento.
E logo polemizan co la-la-la de Massiel, eu non sei, pasopalabra.
Un bico.
En boa lóxica deberías galar ti a aposta. Pero creo que ese festival xa hai tempo que non se rexe pola lóxica, así que o resultado é tan incerto coma o tempo que vai facer o 15 de agosto vindeiro.
Dis que o compañeiro é boa xente e que estás a gusto con el. Cando tomedes as cervexas dálle algún consello sobre a boa música.
Unha aperta.
En boa lóxica deberías gañar ti a aposta. Pero creo que ese festival xa hai tempo que non se rexe pola lóxica, así que o resultado é tan incerto coma o tempo que vai facer o 15 de agosto vindeiro.
Dis que o compañeiro é boa xente e que estás a gusto con el. Cando tomedes as cervexas dálle algún consello sobre a boa música.
Unha aperta.
Non queda moito que decir...
Chiquilicuatre
Frikivisión
Pavo cantante
Resultados incoherentes
Pouco queda que vere tamén!
Ti tomate as cervexas co teu amigo,
e rite un pouco,jeje
Bicos
Pois eu penso que vai quedar entre os 10 primeiros, para éste tipo de festival é o mellor que podíamos mandar.
Chikilicuatre o poder!!!
Pois aledome de que gañaras. O do chikilicuatre ese foi unha vergoña
De poca importancia, pequeño y de risible figura.
Parabéns por ter gañado a aposta (que tampouco era tan difícil) :D
Ala, gañaches; agora ao teu amito vaille quedar o bolsillo enxoito coma un asubío tamén...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio