leoeosseus

Tuesday, 27 May 2008

Vinte meses

Hoxe o naipelo chegou aos vinte meses. De cada vez ten máis autonomía e escolle o que quere facer e se non lle cumpres o capricho colle unha rabieta pero de momento é doado distraílo con outra cousa. Dorme bastante ben de noite e ten doce dentes e moas. Xa sobe ás cadeiras, muros e fiestras baixas e hai que ter máis ollo ca nunca. Sabe baixar un escalón sen apoiarse e xa lle dá couces ás pelotas. Baila cancións e imita movementos. Segue abraiado cos coches e xa distingue o noso e o do avóM. Tamén distingue as rodas, os espellos, as portas e os faros. Sabe sinalar no corpo o cuíño, o pipilo, o embigo, a barriga, a man, os dedos, o pé, os ollos, o pelo, a boca e o nariz. Cando lle preguntas polas orellas sinala os ollos e se lle preguntas onde están os cornos sinala para a miña cachola porque poño un casco viquingo ás veces. Imita ruidos de animais e cousas como a vaca, o león, o can, o cabalo, o coche, o tren e a moto. Gústalle " ler " contos na súa cantinela e que llos lean pero el de falar nada. Di " papá " para todo e ata o outro día cambieille o cueiro cagado e díxenlle " caca " e el repitiu claramente a palabra " caca ". Máis tarde sinalei o cueiro e pregunteille que era e dixo..." papá ".
Bueno, que cada vez rimos máis co el.

Labels:

14 Comments:

At 27/05/2008, 22:57 , Anonymous Xosi said...

O de falar eche o nabo. O Breixo naceu o 10 de marzo de 2006, polo que vai xa para 27 meses e cada vez solta máis a lingua. Aínda que nós lle falamos en galego, ten un entorno no que escoita bastante castelán, polo que mestura moito. Por exemplo, di "cayó" en troques de "caeu", e cando o corriximos acaba dicindo "cayeu"... E o de ter os ollos vixiantes para cada movemento que fai, que che vou contar... Como di un colega meu: Paternidade in action.

 
At 28/05/2008, 03:23 , Blogger Mario said...

Meu pai sempre di que os que nos fan vellos son os fillos, non os anos, aínda que así contado até parece que compensa.

 
At 28/05/2008, 08:27 , Anonymous Anonymous said...

O de rir cos nenos case sempre está garantido, e creo que sempre compensa a pesar do traballo que dan. No de mesturar galego e castelán, como di xosi, é o noso destino... pero tamén é divertido. A nosa Uxía sempre fixo mesturas raras; lémbrome, por exemplo: "la profe me berró y chorei" ou "papá, móllame o pelo que estoy espelujada". Que siga criándose igual de ben. Eva.

 
At 28/05/2008, 09:50 , Blogger Ana said...

Vaya papa mas baboso,jeje
Xa falta pouco pra facer os dos anos.Nesta edad son como un tornado,hai que ter os ollos enrriba de ellos todo o tempo.
A miña ten 4 anos,e fai dous dias encontrei un sapray de píntura acrilica e un paquete de queixiños baixo a sua cama....Deume un susto de morte!
Cuidame ben dese rapaz.Esta hermoso e guapisimo!

Bicos

 
At 28/05/2008, 11:19 , Anonymous peke said...

Ben se ve que vos divertides con el, como debe ser. Felicidades.

 
At 28/05/2008, 11:35 , Anonymous pepe penas said...

No de mesturar falas eu sei algo; pasou por min.Na escola tentaba falar coma os señoritos e polas corredoiras falaba de xeito que me entenderan as vacas.

 
At 28/05/2008, 14:11 , Blogger Mariola said...

Que fermoso. E que listo (co de non falar): como ve que non o precisa, non se solta e hala!

Que siga medrando así de ben.

 
At 28/05/2008, 19:27 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

O de falar eche unha cousa moi particular, eu teño dous fillos e mentres que un con un ano falaba coma unha cotorra e ós nove meses andaba como se nada, o outro foi con máis calma, e segue coa mesma calma para todo.
Inda que este Leíño ten pinta de intrépido, faránvos falla moitos ollos con él.
apertas.

 
At 28/05/2008, 21:18 , Blogger d´Agolada said...

Que simpático o Leíño, dende logo, xa verás cando empece a falar de verdade... Por certo, tes un agasallo no meu blog, pásate por él cando queiras. Un saúdo.

 
At 29/05/2008, 13:31 , Blogger Cuspedepita said...

El sabe a palabra máxica que lle abre todas as portas :-)
A ver se che pasa coma min que estaba moi preocupada porque o meu fillo maior non daba falado e agora non sei que facer para que cale a boca un chisquiño ;-)

 
At 29/05/2008, 15:53 , Blogger Mer said...

Pois sí que está grandiño o Leo, sí, e que cabelo máis longo e lisiño ten.

Unha aperta para os dous.

 
At 29/05/2008, 18:22 , Blogger Amiga Atlántica said...

Sí, los niños son una monada, y son muy ricos, pero que traballiño dan... nosotros tenemos tres y terminamos rendidos al final del día.
Un saludo a todos desde Vigo y mucho ánimo que 20 meses no son nada... para lo que os espera todavía :-)

 
At 29/05/2008, 22:18 , Blogger abueloscrisytoño said...

27 de septiembre dous anos
Xa queda pouco. Un abrazo

 
At 30/05/2008, 00:53 , Blogger busto.agolada said...

Dá gusto velo. Será o rei da Xuntanza, non teño dúbida e aproveitaremos para rirmos co seu falar.
Unha aperta

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home