leoeosseus

Wednesday, June 4, 2008

Folga de camioneiros


Estes días anda todo o mundo alborotado na fábrica porque os camioneiros queren facer o número maior de viaxes posibles antes da folga.
Esta situación faime lembrar o camión da foto que un día non pasou a revisión e pensaba que se ía retirar. O conto foi outro: quitáronlle a matrícula e metérono contra a súa vontade na fábrica de granito e aí segue camiñando en primeira e marcha atrás carregado con bloques inmensos castigado coma un Sísifo motorizado. Só lle queda que chegue o día que non sexa quen de andar e descansar para sempre.
Quen defende os dereitos das máquinas ?.

Labels:

12 Comments:

At 6/05/2008 9:52 AM, Blogger Ana dixo...

la que nos va a cair en cima coa huelga dos camións e dos pescadores...

 
At 6/05/2008 11:48 AM, Blogger tangaranho dixo...

Pobre máquina...e logo nom podiam deixá-la passar os seus últimos dias em paz?

 
At 6/05/2008 3:43 PM, Blogger Lúa dixo...

pois a ver se conseguen algo porque cada vez vai pior isto....

 
At 6/05/2008 7:40 PM, Blogger d´Agolada dixo...

A verdade é que teñen motivos para ir á folga, oxalá sirva de algo, Unha aperta.

 
At 6/05/2008 10:44 PM, Blogger Suso Lista dixo...

Sempre se dixo que a cercania ca refinería facería o combustible mais barato, pero...

 
At 6/05/2008 11:25 PM, Blogger busto.agolada dixo...

A folga está xustificada. Algo teremos que facer todos porque o problema da enerxía, todas as enerxías, está a piques de converterse nalgo serio.
O camión véselle velliño e desdentado, mais farruco e orgulloso do seu pasado.
Apertas, tamén para Ana e Leo.
¡A que se comprenden mellor as mensaxes cabdo coñeces quen chas envía!

 
At 6/05/2008 11:29 PM, Blogger elvira carvalho dixo...

Passei. Deixo um abraço

 
At 6/06/2008 12:18 AM, Blogger Nébeda dixo...

A min os bebés non adoitan chistarme moito, pero Brais tenme marabillada ;)

 
At 6/06/2008 12:13 PM, Blogger Mer dixo...

Os dereitos das máquinas non os defende ninguén, isto recórdame algo que me fai moita gracia: Na oficina temos unha máquina que non funciona, pendente de levala ao punto limpo, pero mentres está alí, estática, nunha esquina. O xefe cada vez que pasa polo lado, como anda mangado todo o día, tropeza con ela e di: ESTA MÁQUINA RÓMPEME TÓDOLOS ZAPATOS!!!

o caso é botarlle a culpa a alguén que non se poda defender

 
At 6/06/2008 4:53 PM, Anonymous Anonymous dixo...

Mira ti por onde... ¿Sabes, sabedes, que eu falo coa miña máquina deshumificadora? Cada vez que acende a luz vermella, sinal do moito que traballou, doulle as gracias, dígolle algun piropo e doulle algún aloumiño. E dame que lle senta ben. Mándalle un bico da miña deshumificadora o teu camionazo, verás que se lle alegran os pistóns.
Vicente

 
At 6/06/2008 9:25 PM, Anonymous Pablo dixo...

Estamos de folja en medio mundo, carallo, ata cheja aquí a Holanda!! os camioneiros, os buses, os da leite,... o barco úndese e vamos todos detrás del!

Un saúdo.

 
At 6/08/2008 1:50 PM, Blogger Cuspedepita dixo...

Estou de acordo con Pablo, cada día parece que o barco se funde máis e máis...
Non o cría de todo ata que o venres fun xantar a un restaurante que hai en Lugo a onde vai toda a xente que traballa no polígono do Ceao, que estaba sempre abarrotado e había que agardar a que quedara un sitiño para sentarse, e estaba a medio encher as 14,30, que era antes hora punta.

 

Post a Comment

<< Home