leoeosseus

mércores, 25 de xuño de 2008

Neoloxismos en galego


Hai veces que un queda calado pensando unha palabra galega para definir un concepto. Muitos obxectos novos non teñen palabra galega ou non a sei. Logo hai casos nos que aparece unha palabra nova coma " chimpín " para denominar o motocultor.
Hai uns meses aprendín a palabra " cauchos " que son como lle chaman en Arbo a esta especie de zocas plásticas da foto que desprazaron as zocas de madeira.
Outro neoloxismo que emprego eu é o " piscapisca " que é o nome humorístico dos intermitentes dos coches e que son unha curiosidade que o Leo busca en tódolos coches.
E así vai safando o idioma.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 26/06/08, 00:48 , Blogger Cuspedepita dixo...

Pois mira, eu sempre lles chamei "chancros" aos cauchos. Por aquí levábanse sós ou con zapatillas por dentro, igual cas zocas ;-) De feito sustituíronas por un tempo, seguramente con menos fortuna porque nas zocas non se che humedecían os pés e nos chancros si, anque levaras zapatillas.

Bicos

 
Ás 26/06/08, 09:10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Na nosa zona son conocidos por chanclos, o de piscapisca é unha palabra con ritmillo. Soa bonito cando ves un coche e dices, "ese parvo ten o piscapisca metido"

 
Ás 26/06/08, 10:42 , Blogger fgul dixo...

Ola Leo:

Cando falamos de obxectos relativamente antigos, típicos ou tradicionais... acostumamos a escoller entre cinco ou seis nomes posibeis.

Ora ben, o problema está en: como se dí "Electrocardiograma" ou "púlsar" en galego? Coidamos que temos un control exaustivo do noso idioma e, palabras tan normais e usadas como estas dúas non figuran nos diccionarios.

...por certo; a que non sabías que a forma correcta de dicir watio en galego é "watt"??

Unha forte aperta e parabéns polo blog.

 
Ás 26/06/08, 11:21 , Blogger oko dixo...

a min pásame que moitas veces non lle atopo equivalente a palabras galegas no español. e quedo todo o día matinando nelas ata que podo atopar unha sustituta máis ou menos aceptable...

 
Ás 26/06/08, 11:25 , Blogger Berta Helena dixo...

"E asi vai safando el idioma". Interessante essa busca de "neoloxismos en galego".

Um abraço

 
Ás 26/06/08, 12:37 , Anonymous Anónimo dixo...

os cauchos tamén os coñezo como chanclos, e o pisca pisca é como lle chaman en Portugal ás intermitencias xa sexan as do carro ou as do árbore de Nadal.

e como curiosidade, non sabía o de watt para os watios; en cambio, si que é de uso común amperes e non amperios.

Bicos para o Leo :)

 
Ás 26/06/08, 13:10 , Blogger Mer dixo...

ups! tan pronto abrín a páxina do teu blog, ao ver a foto, veume un olor a terra quente, o olor das leiras no verán e da xente que vai traballar nelas

gustei do post, para mín son zocas de plástico, claro que a miña avoa seguro que lles chamaba doutra maneira

un bico.

 
Ás 26/06/08, 14:21 , Blogger d´Agolada dixo...

O galego é incrible, nunca deixará de sorprendernos. Unha aperta

 
Ás 26/06/08, 22:27 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Changlos, eso decian na miña casa

 
Ás 26/06/08, 23:26 , Blogger Bea dixo...

Sempre lle chamei zocas... Nunca te deitaras sen aprender algo novo!

 
Ás 26/06/08, 23:48 , Blogger busto.agolada dixo...

Ola Pedro. Nas terras do medio dicímoslles chanclos. Pero é curiosa a vosa metonimia, denominádelos co plural do material de que están feitos.
O piscapisca aquí nunca se oe, nin creo que haxa outra palabra ca do intermitente.
As linguas son seres vivos que van incorporando palabras novas constantemente e outras morren porque caen en desuso. O que temos que buscar é longa vida para o galego, estamos a perder falantes entre a xente máis nova.
Unha aperta e que o Leo siga a aprender ese bo galego voso.

 
Ás 27/06/08, 08:21 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu non teño a certeza de como lle chaman por Perdecanai, pero sóame que din "chancas". Claro que eu alá so ía de visita e nunca os puxen. E como ben dixo a miña avoa o outro día: "como vai saber o burro do azafrán se nunca o colleu na man". Eva.

 
Ás 27/06/08, 18:16 , Blogger canceleiro dixo...

Que gracia!! Non o recordaba pero na miña familia ó intermitente chamábamoslle pisca (sen repetición) pero xa fai anos que non o escoitara

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio