leoeosseus

sábado, 14 de xuño de 2008

Os compañeiros: a orde da pedra




O outro día en Santiago topei de casualidade a recopilación dunhas tiras cómicas de Miguelanxo Prado con guión de Tino Fernández Maceiras. Saíran publicadas na Voz de Galicia nos anos 1980 e 1981. Gustáranme daquela pola calidade de debuxo e o texto co ese humor tan de aquí e non podo facer outra cousa que pór o exemplo da imaxe para darlles a publicidade que merecen. O título é: " Os compañeiros: a orde da pedra " de El patito editorial.
Para quen non o saiba, eu téñolle envexa aos bós escritores pero máis aos bós debuxantes.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 15/06/08, 01:06 , Blogger d´Agolada dixo...

A verdade é que hai debuxos moi bos, pero eu envexo máis ós escritores. Un saúdo

 
Ás 15/06/08, 16:43 , Blogger oko dixo...

compréndote á perfección, eu tamén quixen sempre debuxar ben

 
Ás 15/06/08, 18:50 , Blogger Ana dixo...

Eu sei debuxar...mais cando tento pintarlos estrpeo todo.
E escribir...xa ves...non sei.

Moi boa a tira cómica.
Bicos

 
Ás 15/06/08, 22:57 , Blogger Bea dixo...

Eu debuxar... nada... e escribir... máis ben o intento!

 
Ás 16/06/08, 09:27 , Blogger Mararía dixo...

E que hai cómics que son verdaderas obras de arte.

Un saúdo.

 
Ás 16/06/08, 09:34 , Blogger Elianinha dixo...

El Patito Editorial anda a facer cousas moi interesantes, como un volume de Golfiño que veñen de editar.

Saúdos.

 
Ás 16/06/08, 13:29 , Blogger LM dixo...

eu fiz-me fam da ovelha de kiko da silva quando conta atletas para durmir depois de comer uma bolinha de neve.

 
Ás 16/06/08, 20:25 , Blogger busto.agolada dixo...

Tes razón en que son uns fermosos debuxos e tamén ten ese humor da Terra. Eu admiro e envexo por igual a escritores, debuxantes, pintores, músicos...
Do texto das viñetas só lle vou poñer unha chata: HAILOS. Un erro que se multiplica polo efecto dos non galegos cando falan das bruxas. Habelas, hailas. Póñenlle o pronome átono castelán a unha forma verbal galega e o resultado nin é galego nin castelán.
Nós, os galegos, dicimos HAINOS.
Unha aperta, Pedro.

 
Ás 16/06/08, 21:23 , Anonymous Anónimo dixo...

Non o coñezo.....a verdade é que eu tiven unha epoca na que os comics eran a piña perdiciòn, por soposto xa de adulto, non vou falar de neno, no que devoraba os "Tebeos", pero despois co paso do mepo perdille interés. Recordo os do vibora, como uns dos mellores.
POr certo, que en Santiago no Ensanche, no centro cultural, fai unhas semas houbo unha exposicion de un moi bo escritor de comics...Sintoo pero esquecì o nome.

 
Ás 18/06/08, 23:42 , Blogger Cuspedepita dixo...

Cando era pequena disque debuxaba moi ben. Arrepíntome moito de non ter traballado este "don" e deixar que fora desaparacendo.

 
Ás 28/06/08, 01:59 , Blogger rifenha dixo...

Eu adoro as ilustrações, a Banda desenhada e os debuxos. Por esse motivo animei aos meus filhos a tirar polas artes plásticas.
Tenho a casa cheia de pinturas, debuxos e esculturas.
Eles, vão trabalhando no que podem.
Agora vão ter que estudar cousas "de verdade", que dean dinheiro cada mês.
Mas, não me arrepinto de os animar.
Nem eles tampouco de se deixarem.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio