leoeosseus

Friday, June 13, 2008

Servicios mínimos



A folga segue e son poucos os camións que se aventuran a saír. Como en todo hai clases e clases e se tés un camión ou dous de Transportes Manolo, por exemplo; a garda civil ou a policía non te acompañan. Pero se tés un feixe de camións xa tés escolta asegurada. Esta é unha proba máis de que non vivimos nunha democracia senón nunha plutocracia.

Na Torredocaminho dedicámonos a limpar, amañar e axeitar cousas. Iso si, hoxe saíron camións con pienso animal en servicio mínimo porque se non os animais morren á fame.

O pienso non é como a herba pero seguro que lles aproveita, coitados.

Labels:

12 Comments:

At 6/13/2008 2:37 AM, Anonymous Paquito De Penas dixo...

Oxalá esté pequeno parón "biolóxico" da economía nos sirva para reflexionar e buscar novos horizontes.
Fai uns días decíalle a un cliente que o home para ser feliz precisa máis poesía e menos cartos. Él, empresario e rico, doulle a cabeza e díxome ¡Anda Paco, vaí cóntallo a outro...!
Apertas e bicos, Paidoneno.

 
At 6/13/2008 9:07 AM, Blogger X dixo...

Canta razón ten!
E iso é importante nun mundo no que o que importa é a cantidade :)
Saúdos para Leo e os seus.

 
At 6/13/2008 3:20 PM, Blogger Ana dixo...

Sempre manda a lei do mais forte, neste caso do que ten mais cartos.

Bicos

 
At 6/13/2008 5:58 PM, Blogger d´Agolada dixo...

Moi boa foto para representar a folga jeje. Unha aperta

 
At 6/13/2008 9:36 PM, Blogger Silvana dixo...

Hoxe saiu no telediario unha empresa que lle morreron un montón de galiñas e outras tantas que contaban que morreran tamén, todas de fame polo visto.

A cousa xa pasa de castaño oscuro.

 
At 6/14/2008 1:02 AM, Anonymous hormiga dixo...

Todo pasa, ata as folgas de empresarios.
Por certo, mola a foto das vacas!

 
At 6/14/2008 11:55 AM, Blogger Frida dixo...

Parece que agora tamén se poñen en folga os taxistas na Comunidade de Madrid.

A ver se a cousa se vai solucionando!

 
At 6/14/2008 12:24 PM, Blogger moucho branco dixo...

A ver se van facer folga as vacas, :P

 
At 6/14/2008 3:41 PM, Blogger Cuspedepita dixo...

Onte atopei máis camións pola mañá que os outros días, ata pensei que de repente rematara a folga e eu aínda non me enterara, pero non...

 
At 6/14/2008 11:47 PM, Blogger elvira carvalho dixo...

Por cá também tivemos greve de camionistas. E já estava faltando de tudos nos supers. Na 5ª Feira fui a 2 para comprar frutas e nem num nem noutro havia quase nada de frutas.
Um abraço e Bom Domingo.

À margem: os vídeos são-me enviados por amigos e familiares. E dão muito jeito quando eu não tenho tempo para um post decente.
E Leo como vai?

 
At 6/15/2008 1:04 AM, Blogger Bota de Chaplin dixo...

Se a crise é pola subida dos combustibles que saen do petroleo, digo eu: Por qué non empezan a investigar. Non sei. Facer barcos e camións híbridos que usen gasoil e paneis solares.

 
At 6/15/2008 11:20 PM, Blogger abueloscrisytoño dixo...

Menos mal que teñen herba,As vacas son listas, nin folga nin nada.

 

Post a Comment

<< Home