leoeosseus

martes, 10 de xuño de 2008

Silencio



Silencio. Esa é a sensación que me deixa a folga de camioneiros. Paseo co Leo e a estrada está valeira coma nun domingo e a calor e o silencio dominan os sentidos. Silencio que facía falla para cazar lagartos arnais cun lazo corredizo feito dunha herbeira de avea. Agora non cazo arnais pero necesito o silencio igual para facerlles unha foto. Gústame o silencio cando rebumbia na miña cabeza.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 11/06/08, 03:05 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Fermosa fotografia, fermoso o silencio,en esa zona tense que notar moito estes días.
Un saudo

 
Ás 11/06/08, 11:06 , Blogger busto.agolada dixo...

Non é fácil captar a un lagarto arnau ou arnal como o que nos amosas aquí.
Precísase silencio e paciencia e que o lagarto estea alí.
Un saúdo.

 
Ás 11/06/08, 11:30 , Blogger Veloso dixo...

O silencio é un ben cada vez máis raro e necesario. Gocemos del, aínda que sexa polas folgas.
Un saúdo.

 
Ás 11/06/08, 13:38 , Anonymous Anónimo dixo...

que chula a foto!
hai tempo que nom vejo um arnal...
saúdos!!!!
madeingaliza

 
Ás 11/06/08, 13:53 , Blogger V dixo...

A foto é unha pasada!! Ese silencio, aínda que sexa pola folga, ven ben. Tanto ruido agota a un.

 
Ás 12/06/08, 16:38 , Blogger d´Agolada dixo...

Pois aquí pouco se nota a folga, segue a haber o mesmo silencio de sempre, que tampouco esta mal. Unha aperta

 
Ás 12/06/08, 19:19 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Aiquí tampouco hai máis silenzo que o que acostuma, pero si que e verdade que se agradece
fermosa foto.

 
Ás 12/06/08, 19:30 , Blogger Lúa dixo...

a verdade e que non parara á pensálo pero tes razon e coma que falta algo...bicos

 
Ás 12/06/08, 20:52 , Blogger Cuspedepita dixo...

Si que se nota o silenzo, si, e a desconxestión nas autovías e nas estradas, pero este é un silenzo triste, con raigames na miseria para outros.
Anque este non me guste, eu case sempre teño fame de silenzo, precísoo igual ca o aire para respirar, e cada ano máis.

 
Ás 12/06/08, 21:43 , Anonymous Anónimo dixo...

Tes moita razon....Eu as veces boto moito de menos O silencio, só a voz do meu interior conmigo mesmo. POr iso gustame tanto a bici, ...andar so, contarse a un mesmo como o mellor e mais entregado dos publicos, todo aquelo que se te ocorre en cada momento.
O silencio, como ausencia de todo son exterior, e impagable.
Tamen unha palabra amiga.
A foto e fantastica, sintoo pero xa che aviso, de que voucha roubar....

 
Ás 13/06/08, 00:05 , Blogger dezarutas dixo...

Ese sí que é un lagarto, lagarto.

 
Ás 13/06/08, 02:22 , Anonymous Anónimo dixo...

A importancia de que o lagarto esté presente para facer a foto é vital. Ten toda a razón o Sr. Busto, coma sempre, vamos, jeje
A foto é boísima.

 
Ás 13/06/08, 09:18 , Blogger LM dixo...

como se fai o lazo con herba de avea? quedei con curiosidade...a nós o avó nunca nos deixaba caza-los porque seica che botabam o aire.

 
Ás 14/06/08, 23:42 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Engraçado. Meu irmão também caçava lagartos assim quando era miúdo.
A fotografia está linda.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio