leoeosseus

domingo, 27 de xullo de 2008

Vintedous meses


Hoxe o Leíño chegou aos vintedous meses con algúns avances dende o mes anterior. O naipelo xa ampliou algo máis o vocabulario e, de feito, aprende palabras case tódolos días. Gústalle o petit de chocolate e xa pregunta por el dicindo " coco ". Como non lle queremos dar muitos dicimos que non hai e el xa di " coco " e arrandea a cabeza negando. Dos monecos e peluches que ten hai un que é un moneco dun neno deportista e el pregunta por " quiqui " que se chama Quique. Logo a Epi chámalle " pipi ". E xa vai dicindo " mamá " dende que o reaprendeu nas Cíes. Físicamente está grande e case lle saíron tódolos caninos. Anda ben e corre un pouco pero é un medento subindo e baixando escalóns. É bastante tranquilote e tímido e algo mangoeiro que non quere comer pola súa man.
E así vai.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 00:27, 28/07/08 , Anonymous paidovento dixo...

O Leo ten pinta de home formal. A ver se non se torce.
Unha aperta.

 
Ás 08:08, 28/07/08 , Blogger LM dixo...

ui...agora já nom parará de falar até pidades papas...beijos.

 
Ás 08:44, 28/07/08 , Blogger Silvana dixo...

¡Está ben crecido! e como din por ahí agora xa non parará de falar, jajaj.

Un saúdo.

 
Ás 09:58, 28/07/08 , Blogger prometeo dixo...

Pois felicidades Leiño! E a ver se empezas a preparar a festa do teu segundo cumpreanos, e nos convidas a todos os que, gracias o teu pai, seguimos pasiño a pasiño os teus avances.
O dito, felicides e apertas moi agarimosas para teus orguiosos pais.
Fdo: Un que tampouco é do blogomillo.

 
Ás 11:07, 28/07/08 , Anonymous pepe penas dixo...

Hai que ver como pasa o tempo; ainda semella que foi onte cando esperabades por él nos EEUU.

 
Ás 15:08, 28/07/08 , Blogger Ana dixo...

Xa te lo dixe unha vez,cando empeze a falar no terminara,jeje
Vese que e un neno tranquilo,que sorte a tua,os meus sairon todos electricos.

Bicos

 
Ás 15:28, 28/07/08 , Blogger A Conxurada dixo...

Estase a convertir nun mozote ben guapo.

 
Ás 01:47, 29/07/08 , Anonymous Paquito de Penas dixo...

Palabras non lle han de faltar ao neno. Na casa ten un saco delas, non si?
Disfrutao cada día, medran deseguida.
Apertas para os dous.

 
Ás 17:02, 29/07/08 , Anonymous toxomar dixo...

eu estou alucinada coa incrible aprendizaxe da sabela que está a sorber o mundo a mighalliñas de palabras, e nin che conto o que teño que correr detrás dela, total, que ao cabo do día estamos que non podemos coa alma, pero felices de vela medrar

 
Ás 10:30, 30/07/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

¡Animo! xa falta pouco para cumprir eses dous anos e presentar á noiva

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio