leoeosseus

Monday, 11 August 2008

Aluguer de tebeos



Hoxe comeza na Coruña " Viñetas desde o Atlántico " e fíxome lembrar os tebeos de hai muitos anos. Lembro que os tebeos eran caros, polo menos para min e outros rapaces. A solución ?: algo que hoxe pode facer sorrir: alugabamos os tebeos. Ías ao quiosco e un tebeo que valía dez pesetas podías alugalo por tres pesetas que lle entregabas ao quiosqueiro. O tebeo tiñas que entregalo na semana seguinte e entregando outras tres pesetas volvías facer a mesma operación. Normalmente lías tebeos xa pasados pero non importaba. Non tiñas tebeos en posesión pero sempre o podías cambiar por outro distinto e ías lendo que era o importante.

Quixen facer unha foto do quiosco de Vigo onde facía estas operacións hai máis de trinta anos pero xa desapareceu.

Labels:

11 Comments:

At 12/08/2008, 10:22 , Blogger Meninheira said...

E os cambiábamos entre nós!
Xa hoxe estas cousas onde non media o consumo son cuase de marciáns :S

 
At 12/08/2008, 16:21 , Blogger Ana said...

Eu pasaba o tempo na biblioteca,meus padres os únicos libros que me compraron, eran os dos cinco,e outros parecidos.E como eu sempre fui de leer moito,no me quedaba outra ca biblioteca.

Bicos

 
At 12/08/2008, 17:46 , Blogger Raíz Verde said...

debería fomentarse máis a biblioteca como dí ana, ou o aluger de libros.. algunha iniciativa desas vin eu por aí, pero escasean. Ad+ tamén hai q ter en conta q hoxe en dia internet permite facer iso dun xeito case gratuíto.

un saúdo

 
At 13/08/2008, 01:02 , Blogger LM said...

por aqui este veram até os concelhos os levam ás praias. o que nom le é porque nom quer...beijos

 
At 13/08/2008, 03:47 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Eu tamén lembro esto que contas de cambiar os tebos, era unha práctica moi normal.
Como me gustaba a min ir a librería, pasaba moito rato alí mirando os libros, os tebeos pero sobre todo gustábame o olor, esto sígueme gustando, o olor dos libros!
Bicos.

 
At 13/08/2008, 10:17 , Blogger Manuel L. Rodrigues said...

...non quero ser a ovella preta do rabaño, pero... non remato de collerlle o punto a isto dos comics. Póñaseme diante un bo libro de poesía ou novela...

A todo isto autocúlpome pola miña deixadez no tema. Algo do que tentou apartarme o amigo "sacouso" Manolo (fravernero de Trasalba)

Unha aperta

 
At 13/08/2008, 15:54 , Blogger O Raposo said...

Eu cambiaba as novelas de vaqueiros nun kiosco. Levaba unha que xa lera, cambiaba por outra e tiña que darlle o quiosqueiro 10 pts ou algo asi.

 
At 13/08/2008, 17:58 , Blogger vermella said...

pois sí que é certo,eu tamén facía o mesmo,pero non alugába nós cambíabamos os tebeos directamente ao quiosqueiro,ti mercabas un e cando o leías cambíabalo por outro pagando cinco pesetas si era novo o teu,e máis si era vello....
agora meus fillos teñen moreas deles pero non os cambian nin entre amigos,son tan tontiños que compran todos os mesmos..
bicos.

 
At 14/08/2008, 00:54 , Blogger Kaplan said...

tb eu cambiaba, os do capitán trueno que eran máis caros que os tbo.

 
At 14/08/2008, 20:01 , Blogger Cuspedepita said...

Ai, ai, ai, eu facía igualiño ca o Raposo... jajaja
Eu cambiaba aquelas novelas de Marcial Lafuente Estefanía, principalmente, e logo as de ciencia ficción (que me encantaban ) e ata algunha de Corín Tellado (pero menos porque estas non lle gustaban tamén a meu irmán)
Cambiabaas en varios lugares de Lugo, primeiro creo que nun quiosco da Avda da Coruña, logo en Dr. Castro e logo noutro en San Froilán.
Non estaba nada mal aquel sistema...

 
At 21/08/2008, 21:43 , Blogger Ghanito said...

Eu ainda intercambio cos amigos os libros de BD. É a única maneira de tentar atacar os centos de novidades que hai arestora.

E por curiosidade, onde estaba ese kiosko de Vigo?

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home