Falsas promesas
Cando ampliaron a ponte sobre o río Louro en Vilaguindastre tiraron coa ponte vella. O anterior goberno municipal prometeu facer un parque e reconstruir nel a ponte vella para pasear por ela e conservala pois figura no escudo de Vilaguindastre e sería un digno retiro para a ponte emblemática. Fixeron o parque pero a ponte está desmontada nun terreo diante da miña casa cuberta de silvas e de cada vez máis esquecida. Supoño que quedará aí para futuros arqueólogos que matinarán sobre que facían aquí estas pedras amoreadas.
Etiquetas: vilaguindastre I
8 comentarios:
Manda carallo, xa non me lembro dela. De calquera xeito, agora que están os orzamentos aprobados igual se animan a cumprir o que promenten.
Os políticos falan máis do que fan, ese o conto de sempre jejeje. Saúdos
¿E quen cree xa nas súas promesas?
O normal é que nos extrañemos cando as cumpren.
Un saúdo.
Home, pois eu tamén penso que un retiro mais digno meréceo.
Os politicos din unha verdade cando se equivocan; e os municipais nin che conto.
Saudos
Unhas pedras que ademáis vense labradas e fermosas.
unha mágoa!
Só lles interesan os votos, despois de ser elixidos xa non lembran nada.
Bicos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio