Leo pachuchiño
O Leo estivo o outro día con febre e escagarriado pero hoxe estivo bastante ben e sen febre, un pouco rallante pero ben. Supoñemos que será cuestión das moas e que millorará mañá.
Dá un pouco de mágoa miralo con eses ollos longos, con choromicadas inesperadas e coas horas de durmida entolecidas pero son cousas que teñen que pasar. Dende logo que prefiro o Leo do outro día cando lle preguntei se quería zume ou auga e el respondeume, no seu ensaio cotián de palabras: cu-ba-ta.
Etiquetas: leo III
13 comentarios:
Ata os rapazes se preocupan da realidade cuba-na :-)
Só os pais somos conscentes do noso padecemento fronte as debilidades dun cativo. A súa cara sempre é un espello da alma. Se cantan cantamos, se choran , choramos...
Unha aperta de vitaminas.
hahahaha, pois si que empeza pronto! vaia adolescencia vos espera hahahaha
Até que un non ten fillos non sabe o que significan eses ollos verdade? e o que doen!
Alédome de que estea mellor :)
Grazas pola túa benvida no meu blog. Non teño fillos pero si 3 sobrinos de 20 meses e 3 anos e mira que río coas súas ocurrencias. O do cubata é incrible, jeje.
O meu sobriño en vez de ir "de puntas" vai "de putas". Xa ves.....
Hai quen dí que o alcool é bó para mitigar a dor, pero o do cubata...
Saúdos, e que se millore
Unha aperta saudable e enerxética para a recuperación do Leo.
:)
Está moi guapo. Espero que se mellore axiña.
pronto se ha poñer ben de todo! tan de pequeno e xa pide un bu-ba-ta? :P saúdos!!!!
Teñen moitas "voltiñas"; pero tan axiña como se poñen maliños, tamén rebechan de contado.
E si, da moita peniña velos cos olliños cansos e parados.
Unha aperta para él e outra para vos
Graciñas a todos polo apoio.
O Leo está recuperándose paseniñamente.
Que ar tão tristinho tem o Leo.
Espero que se recupere rápido, para que o sorriso volte a animar o seu rostinho lindo.
Um abraço e uma óptima semana
Aínda así pachuchiño está para comelo de guapo... Espero que xa estea recuperado. ¡Dende logo, que momentos dan os nenos! Á mínima que vos despistedes monta un botellón na guarde!!
E xa sabedes... ¡paciencia! Moitos aproveitamos cando estamos maliños pa recibir unha dose extra de mimos ;)
Biquiños
No momento en que escribo este comentario espero que o Leo estea ben e dándoche moita guerra. Vémonos a fin de semana.
jeje, vexo q xa o leo anda a faceras súas!
alegrome que xa ande a amosar outros olliños!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio