leoeosseus

domingo, 10 de agosto de 2008

Na punta do Morrazo


Hoxe estivemos por Aldán que cambiou muito dende que o visitei por última vez. Agora hai un paseo de madeira e muita construcción nova. Xantamos ben no chiringo do peirao e despóis demos unha volta por Cangas.
Fotografei un canastro comido pola vexetación coa particularidade de que ten unha áncora no remate no canto da cruz típica. Este remate só se pode dar nunha zona marítima coma esta. Ogallá dure muito este canastro anque dáme na espiña que é cousa de pouco tempo que o tiren e constrúan no solar.

Etiquetas: , ,

8 comentarios:

Ás 11/08/08, 00:56 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois nunca vira eu tal curiosidade arquitectónica. Mágoa que non a sacases máis de preto.

 
Ás 11/08/08, 09:30 , Blogger Ana dixo...

Si,tambien me hubiera gustado ver mas de cerca el canastro.

Esperemos que el que construya en ese lugar,no lo derribe...

Bicos

 
Ás 11/08/08, 13:03 , Blogger Bea dixo...

E que o Morrazo ten lugares fermosos! ;)

 
Ás 11/08/08, 18:16 , Blogger oko dixo...

si, estano destrozando todo :(

 
Ás 11/08/08, 22:18 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Hoxe por fin podo pasar e saudar, todos estes días estiveron os netos na casa e cando eles están teño pouco tempo, pasaba a ler pero non podía comentar nada, o tempo con eles é ouro. Agora teño libre ata o mércores que xa regresan de novo. O luns xa quedo libre, Un abrazo. A.Cris

Curioso o remate do canastro

 
Ás 11/08/08, 22:48 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Tenho unha visita pendiente polo Morrazo calquera día aperezo por alí, senón A. vaise enfadar conmigo.

Unha aperta.
:)

 
Ás 12/08/08, 09:05 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Menos mal que hoxe en día tense algo máis de conta dos canastros, alguns están abandonados ou medio a cair, pero hai xente que os merca para adornarlle o xardín, non é a súa función pero polo menos manteñense en pé.
Un saúdo.

 
Ás 12/08/08, 10:21 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Nunca tal vira!!
É moi bonito e orixinal, nen en Combarro (pobo canastreiro por excelencia) teñen esos remates.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio