Vintetrés meses
Pasa o tempo para todos e para o Leo tamén. Así que hoxe fai vintetrés meses e na foto sae con Quique e a ra que son os seus monecos favoritos. Quere muito a Quique e para comer temos que pórlle o babeiro a Quique tamén para que o Leo non proteste. Segue coa teta e dende que estivo maliño parece que lle colleu máis cariño. No plano físico o Leo está mui alto e anda ben e bota boas camiñadas pero correr non corre muito. Ten algo de medo a subir e baixar escaleiras. Na fala vaise soltando aos poucos e imita palabras á súa maneira. En canto á relacionarse coa xente ten algún medo aos descoñecidos e ponse ledo cos coñecidos pero é raro que dea bicos ou apertas. Gústalle mirar Pocoyó, Epi e Blas, Little People e Os Simpsons pero de alí a un chisco quere xogar con coches , ler contos ou montar pezas do Mega Bloks. Gústalle que lle fagan cóxegas, xogar ao escondite e axudar nas tareas da casa. E así vai.
Etiquetas: leo III
17 comentarios:
Que me vas contar dos Little People, se na miña casa e con tres nenos pequenos, facemos despegar a nave nós sós......jeje. Esta precioso o Leo!!
Qué gusto atopar un neno aleitado con 23 meses na Galiza!! Así está tan guapo, claro ;)
Un mesiño máis e xa terás todo un "homiño" na casa, vaite preparando para a festa do cumpreanos.
que grandiño vai!
QUe depresa crece! así da gustO!!!
Felicidades para Leo, e está moi ben que xa axude nas tareas da casa. Xa correrá a medida que vaia crecendo, jajaj. Un saúdo.
que bonito está, e que grande!!
no medrar dos nenos e onde mellor se ve o paso do tempo, parece que foi onte e mira como estamos
unha aperta moi forte aos dous e a naideleo, gustoume o de que aínda ande coa teta a voltas
Alegrome de ver co Leo esta estupendo,vi uns posts atrás e estaba malito.
Xa queda pouquiño pra cumplir os dous aniños.
E que malandrin non?
Comenza pronto a coller gusto a tetiña,jeje
que maior! :D que gusto dá. Que aproveite mentres cumprir meses mola tanto. jeje.
Como estilizou! Aínda lembro aquel bochechiño que non andaba e cheíño de lorzas. Agora xa está feito un pillabán.
Agora doullesenso a aquelo que dín as vellas,"eles para arriba e nós para abaixo",está ben bonito o noso neno,parabéns.....
Xa falta pouco para cumprir dous anos,en pouco tempo de nada xa tomaremos un anaco de torta, tes que mercar pronto a càmara para facer as fotos.
Como medra o bichiño!
Está cada vez máis lindo!
Que siga así de san.
Beijos
Menudo rapazote tes xa...da gusto.
Como sempre Leo muito fotogénico, um menino lindo. Que Deus o proteja e lhe torne a vida leve.
Um abraço
Tedes un meniño precioso.Parabéns!
Hai que bonito! Dadelle saudos de parte de cousas miñas.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio