Bólo e bagazo
Hoxe levamos quince sacas de bagazo ao augardenteiro para que faga catro garrafóns co bagazo. Non sei se será mui legal pero había bagazo e garrafóns de varios veciños alí.
No xantar houbo bólo ou bica que é o que sae na foto en segundo plano. É coma pan pero case todo codia. Faise con fariña milla pasada primeiro pola tixola e logo polo forno e estaba rico porque a fariña era nova. En primeiro plano está a polenta que é fariña milla pero desta volta cocida no pote do cocido. Anque sae na foto de hoxe non a houbo hoxe; a foto é doutro día.
Logo mercamos cueiros en Portugal e tomamos catro bebidas e unha bolsa de patatillas por catro euros con oitenta céntimos.
Bueno, que hoxe foi un día typical spanish !.
Etiquetas: arbo I, etnografia II
6 comentarios:
Na miña casa a bica tómase coma postre. Que curioso.
Biquiños
NON A VIAGRA
UN GROLO DE AUGARDENTE
QUE SEMPRE QUENTA A BARRIGA
E FAI O HOME MÁIS POTENTE E VALENTE.
Fai uns anos pegaba nas botellas de augardente este panfleto. Tiña moito exito, había xente que ata o creía :-)
o olor do bagazo é único...
beijos
cando eu era nena en Corme miña avoa botáballe -bolos de pote ao cocido- e vos chamadeslle polenta....
bicos e biquiño para o Leiño
ñam, ñam, ñam, que bo todo!!!saudos
Pois mira que curioso, eu só escoitaa falar da polenta en Arxentina e imaxinaba que sería unha tradición que foi para alá desde Italia, non imaxinaba que fose unha comida típica de aquí, pero coa túa testemuña e a de Vermella xa non sei se a orixe será galega. Anque tamén pode que chegase aquí desde alá, coma algunhas outras cousas.
¿Sabes ou sabedes algo sobre iso ?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio