leoeosseus

venres, 31 de outubro de 2008

Calacú

Deixei a Leo na gardería, fun á tenda e mirei un calacú e deume a arroutada de facer un calacú desta noite. Cun cuitelo pequeno e outro grande e en menos dunha hora fixen o meu calacú. Agora, se eu fose da illa de Arousa e doutras zonas iría pedir cartos polas casas para os mortos do máis alá.

Aquí deixo as fotos paso a paso de mostra.



Primeiro hai que abrir un buraco na testa para poder baleirar o calacú.


Logo toca facer a boca, os ollos e o nariz.

Aquí está o resultado final.

A escuras e cunha candea acesa no interior ten esta pinta. Eu meto a candea acesa por riba e póusoa no fundo do calacú cunha culler desde a boca.

Etiquetas:

16 comentarios:

Ás 31/10/08, 13:24 , Blogger rui dixo...

É importante facer os dentes de serra do testo diferentes, eu facíaos case perfectos e logo non había maneira de lle topar a posición.
Aquí non che hai samaín nin defuntos, mas o primeiro de novembro tamén é festivo, celébrase o comezo da guerra da independencia.

 
Ás 31/10/08, 14:29 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Quedouche ben fermosa, dende logo. E o Leo non lle ten medo de noite?

 
Ás 31/10/08, 15:21 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamen teño ganas dunha este ano. Ei pedir ó Toño que busque os libros coas plantillas que mercou nos US e me fag unha das súas artistadas. Bicos a todos, ós...cinco. Crispress.

 
Ás 31/10/08, 15:47 , Blogger oko dixo...

danme ganas de facer unha!!!

 
Ás 31/10/08, 16:03 , Blogger LM dixo...

mi madrinha! saiu-te terrorífica! por deus nom a ponhas nos caminhos á noite que ainda se nos infarta alguém...
beijos

 
Ás 31/10/08, 17:39 , Blogger Antón de Muros dixo...

Moi boa, moi boa, jajaja

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 31/10/08, 20:46 , Blogger Cuspedepita dixo...

¿E tes algunha idea do motivo polo que lle chaman calacú?

 
Ás 31/10/08, 22:03 , Blogger X dixo...

Magnífico!!!
PLAS PLAS PLAS

 
Ás 31/10/08, 23:42 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

e vas participar con ela no proxecto semanal? ;)

 
Ás 01/11/08, 00:10 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Depois da cirurgia, estou regressando aos poucos.
Um abraço e bom fim de semana.

 
Ás 01/11/08, 13:36 , Blogger busto.agolada dixo...

Quedouche moi ben. Moi oportuna agora na festa do Samaín. Eu facíaas cos meus irmáns, de pequeno na época da recolleita do millo.
Grazas por lembrarnos o costume e o nome que xa o tiña medio esquecido, nós aquí simplemente lle chamamos cabaza.
Unha aperta e que o Leo aprenda a facelas.

 
Ás 01/11/08, 15:52 , Blogger Bea dixo...

que bonita quedou!!!

 
Ás 02/11/08, 18:09 , Blogger mamiago dixo...

quedoute moi ben!!!

 
Ás 03/11/08, 16:37 , Blogger La queue bleue dixo...

Mimá, que medo mete esse bicho! :P
Convidei-te a um meme, por se che apetece fazê-lo. :)

 
Ás 03/11/08, 22:38 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Un samaín ben celebrado, si señor !precioso!

 
Ás 03/11/08, 22:52 , Anonymous Anónimo dixo...

Home claro, ti xa traes a experiencia americana como aval.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio