Meme do derradeiro día
Recibín invitación dende tres bandas para facer o meme do derradeiro día e estou máis que obrigado a responder.
O meme trata disto: suponse que estou no derradeiro día da miña vida e teño que responder a estas cinco cuestións.
1- Que canción me gustaría escoitar ?. Eu non son muito de cancións pero postos a pedir quería escuitar " O cóndor pasa " de Simon and Garfunkel e " Os animais " de Luar na Lubre.
2- A que libro lle botaría un ollo ?. Ningún en concreto e todos en xeral. Botaríalle un ollo á miña biblioteca e acabaría por ordeala e forrar os libros que me faltan. Non deixaría de reler " El Quijote " de Editorial Naranco que teño en cómic.
3- Con quen me gustaría falar ?. Máis que falar deixaría escritas cartas a familiares e amigos. Tamén deixaría para Leo e o seu irmán a mensaxe de Randy Pausch.
4- Que me gustaría comer ?. Muitas cousas !. Case morrería de empacho !. Supoño que con polbo á feira e navallas me conformaría. Se o día é frío unhas castañas asadas estarían mui ben.
5- Que faría e que me quedaría pendente por facer ?. Quedar por facer, quedaría muito e non sei polo que decidirme xa que procuro non pensar no futuro. Gustaríame estar na illa de san Martiño ( a da foto ) coa miña moza con champán e os dous sós nun día quente de verán. Só para apañar caramuxos, non penses mal.
Tócame embarcar a alguén no meme este e vou dicir: Dorvisou, Mr. Tichborne, Besbellinha, enmeigada e abuela Cris.
Etiquetas: interrede II, memeoupremio
9 comentarios:
Vexo que o polbo é un protagonista importante do derradeiro día para moitos jajajaja
Saúdos.
Antón.
Ao das castanhas aponto-me, que estamos na época, e agora que vem o frio apetece muito...
Estos memes son un pouco tétricos de máis.
No do polbo á feira estivemos case todos dacordo.
Esta fin de semana pasada fun comelo ao Meson do Pulpo, en Santiago, disque o mellor polbo de Compostela.
Gustoume, gustoume.
Unha aperta.
...pois coido eu que xa debe quedar pouca xente do blogomillo sen facer o meme.
A darlle que é duro!!
Haberá alguén que non lle goste o polbo? Penso que non, e o dos caramuxos, vai en plan broma, non?
Sempre fuches un pouco rariño. Mira que o último día pasalo a apañar caramuxos. Só che faltou dicir que non che importaría pasalo a vendimar.
E si que temos que quedar para comer o polbo.
Unha aperta.
Pois a verdade é que si o contestei rápido, pero tiña pensado publicar algo no blog e non tiña ideas ;)
Contestado!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio