leoeosseus

Thursday, 16 October 2008

Palmira


Hoxe estivemos falando no choio de xubilacións e o pouco tempo que queda despóis para desfrutar da vida. Bueno, iso se non se dura o que dura Palmira Paramos que sae toda gabacha na foto despóis de estibar un tractor de leña. Hai compañeiros que son veciños dela e falan de cando en vez dela. Entroume a curiosidade, busquei na interrede, topei un vídeo e subín esta foto.

Aí onde a miras Palmira ten 106 anos cumpridos e ten unha saúde de ferro. Vive soa, fai almorzo e xantar para ela, cuida as galiñas, traballa na horta e ata ten viñas. Nunha entrevista di que o seu segredo é comer do que lle dá a horta, beber un vaso de viño coa comida e durmir unha sesta. Pero na entrevista non contan detalles simpáticos como os que me dixeron os compañeiros. Palmira vai á médica a camiñar e serán uns catro quilómetros ida e outros tantos volta e ten que ir sen comer para as probas. A médica pregúntalle se almorzou e ela dixo: Almorzar non almorcei pero non saio da casa sen tomar a parva ( cunca de cachaza ou augardente ). Outra anécdota que me contaron foi que a colleron apañando leña nunha propiedade que non era súa e ela respondeu: Home claro, teño que gardar a miña leña para o futuro por se me fai falta.

Nada, que esta muller é especial.

Labels:

9 Comments:

At 17/10/2008, 00:53 , Blogger Antón de Muros said...

Un exemplo de fortaleza e ánimo.

Non creo que alguén da cidade (de Bos Aires, por exemplo) poida chegar a tantos anos.

Unha aperta.

Antón.

 
At 17/10/2008, 09:41 , Blogger Meninheira said...

O segredo está na felicidade. Viches que ollos ten? ahí está a clave. :)

Un bico

 
At 17/10/2008, 12:01 , Blogger O Raposo said...

Vaia lonxevidade, que envexa.
O de tomar a parva a media mañá estaba moi extendido polas aldeas. As veces era un anaco de pan enchoupado en augardente de herbas, que está caralludo, por certo.

 
At 17/10/2008, 12:40 , Blogger bagoas insomnes said...

Pois si, a felicidade, ou bueno, case diria o sorriso, a actitude na vida, e o que nos fai mais fortes. ( Ultimamente non creo moito en certos termos, como os da felicidade)

Graciñas por esta historia, Palmiras, non ai moitas, apenas coñecin duas na miña vida, e é moi satiafactoria saber doutras palmiras, jejje, supoño q si me chamara, maria, ou carmen ou teresa, esta nova, quizais, non chamaria tanto a miña atención, pero o meu nome, eche rariño en persoas da miña idade e claro, alí onde atopo o meu nome, miro e miro.

Un biquiño !

 
At 17/10/2008, 21:54 , Blogger rui said...

E ademáis vive pensando no futuro! iso si que son ganas de vivir. Pois que siga moitos anos máis a apañar a leña na do viciño!

 
At 18/10/2008, 11:10 , Blogger Aurora said...

e tan especial!
estou de acordo en que a sua alimentación fai o 50% do miragre, e o outro 50% é mérito seu, nin stress..nin farrapos de gaitas
un bico

 
At 18/10/2008, 14:27 , Blogger Carlos Sousa said...

Firmaría agora mesmo chegar a eses anos, e sobre todo no estado dela.

A veces, non se lle pode chamar roubar, sinón facer por ter, que no é o mesmo.

 
At 20/10/2008, 10:49 , Blogger LM said...

ala vai! 106 anos e como está! mi madrinha! ver para crer! beijos

 
At 15/03/2010, 13:59 , Blogger zeltia said...

teño que apuntarme eu a iso da parva!

:-)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home