Unha vila case pequena
Hoxe houbo callos en Vilaguindastre e houbo muita xente pero non tanta como para non coñecer bastante e saber cousas da vida duns e doutros porque Vilaguindastre é unha vila case pequena.
Estaban inflando un globo aerostático no parque da Feira e o avóM coñecía o piloto e case estiven tentado de pedir para montar no globo. Quen non desexa voar en globo ?. O pregón leuno Uxía ( coincidín con irmás no instituto ) que ten bastantes raíces en Vilaguindastre e muito do que dixo eu coñecíao e ata coincidimos en sermos alumnos dun profesor marabilloso: don Antonio Valverde Mayo. Cantou unha copla adicada á vila e sabíaa un gaiteiro co que coincidín no instituto. Logo mirei xente coñecida nas mesas ou nas colas e xente que facía anos que non miraba. Chegaron coñecidos da festa da bicicleta e foron buscar callos ( ben merecidos ). Unha colexiala loira saudou a outro compañeiro de instituto antes de mercar eu a revista Malladoura e aquí e acolá a xente falaba castelán, galego ou español con acentos suramericanos e un negro trataba de vender música polas mesas. Os callos estiveron ben e o viño, para acabar de demostrar que o mundo é pequeno; estaba feito na adega do alcalde de Arbo.
A foto é unha foto fusilada dunha familia de Arbo ocupada nunha roca e cun biturón, a rede para pescar lampreas.
Etiquetas: vilaguindastre I
4 comentarios:
Que pena que non te deixaras cair na tentación, ten que ser unha chulada!! :)
Eu quería ir aí. Saúdos.
a Don Antonio Valverde lémbroo eu sempre tan elegante, indo e vindo polas mañás á Biblioteca Pública d' O Porriño. era bo falador. e boa xente, ademais de culto e todo un cabaleiro. aledeime que ao meu cole da infancia lle puxeran o nome del.
Vexo que ainda seguides de festa. Gustanme os callos. Apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio