leoeosseus

domingo, 30 de novembro de 2008

Baixón pola arañeira



Non sei se notaras que escribo menos ultimamente pero si que escribo e ando menos pola interrede. O motivo non é o frío galego que está facendo nestes días senón o Leíño que require máis a miña compaña para ir durmir. Nós preguntamos: " Con quen queres ir durmir, con papá ou con mamá ? ". Antes dicía sempre con mamá pero agora quere con papá. E teño que contarlle o conto do oso que viaxa e o osiño e a mamá e o do gato con botas e espero que quede durmido...e alá a espicho eu tamén. E saio da súa cama para ir á cama grande.

A outra noite fixémoslle a mesma pregunta e case safo de ir co el: " Con quen queres ir: con papá ou con mamá". E el respondeu todo cheo: " Con Papa Nel ! ".

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 30/11/08, 19:01 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois case te safas. E non che pasa que a veces quedaste dormido antes ca él? e alí están, pedindo que lle contes máis, e aínda por riba están máis despertos.

 
Ás 30/11/08, 22:56 , Blogger Bea dixo...

Estos pequerrechos... hai épocas... eu non tiven a sorte de poder elixir entre pai ou nai... pero tiven a sorte de que me mandaban meu avó e avoa para camiña e contabanme os contos ;)

 
Ás 30/11/08, 23:37 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu téñolle manía ao gato con botas. Paréceme un conto moralmente impresentable. Así e todo, disfruta do rapaz así de pequeno, que logo medra.

 
Ás 30/11/08, 23:59 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Alédome moito que na túa casa non entrara "O home do reloxo" para durmir, os meus parabéns!!

No meu blogue dicíache que se o precisades, o blogue de Maite é unha auténtica enciclopedia. Ten unha etiqueta adicada ós dous anos, recoméndoche que lle botes un ollo.

http://adivinacuantotequiero.blogspot.com/

biquiñossss

 
Ás 01/12/08, 00:24 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Leo é xenial.

 
Ás 01/12/08, 12:15 , Blogger An dixo...

Carafio...e máis vivo ca eu..eu sempre queria ir durmir so, pero chispas que sempre...hata ven cumplidos uns cantos moitos anos...durmia co meu hirman :)Saúdos e coida del que é o que tes que facer :)

 
Ás 01/12/08, 12:22 , Blogger LM dixo...

aqui tens um sócio ao que lhe acontece o mesmo... vai durmir a mati e fica durmido ele. ultimamente vem dizendo que coo sabe o que vai passar que logo o vaia buscar eu mas passo porque para mati é o melhor do dia: durmir com papá quando volta de trabalhar.
beijos e disfruta muito do leo

 
Ás 01/12/08, 12:28 , Blogger ML dixo...

certifícoo. mati semella que non se durme até que me sinte roncar ao seu lado. ao principio eu caía no intento. agora xa vou á súa cama sabendo que vou quedar. o resultado é o mesmo pero aforro o agobio de estar agardando a que quede durmido!

 
Ás 01/12/08, 17:55 , Blogger lua dixo...

Boas!! vexo que Leíño avanza na súa viaxe pola vida, hehehe, un bicos!

 
Ás 01/12/08, 18:25 , Blogger Eavesdropper dixo...

Encántame como fas das historias do día a día algo tan literario. Excelente post. És todo un "padrazo".

 
Ás 01/12/08, 19:34 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Con Iago e Diego pasaba algo parecido cando veñen a casa, agora decidimos cansalos cunha boa excursión e en cinco minutos xa están fritidos (algunhas veces)

 
Ás 01/12/08, 21:19 , Anonymous Anónimo dixo...

Non te queixes.....esta é unha etapa que dura moi ouquiño...DEspois non che queren ver ni en foto.
Eu recordo que tamen ia a levar a durmir a David....a lle contaba un conto, -...o peor era que o que durmiase era eu,... me quedaba dormido e o neno tiña que chamar por mi e espertarme....Sempre foi terrible para dormir, e ainda hoxe e peor.

 
Ás 02/12/08, 00:45 , Blogger Cuspedepita dixo...

Deus! Cantas veces me pasou o mesmo !

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio