leoeosseus

luns, 3 de novembro de 2008

Maldade



O Leo ten unha " admiradora " na gardería que xa lle mandou tres trabazos. Sabemos que son cousas de nenos pero non deixa de plantexarme unhas dúbidas que xa me apareceran cando mirei esta pintada da foto. A dúbida que teño é esta: a que idade un neno comeza a ser malo ?. Todos coñecemos casos de xente mala como ditadores, asasinos, militares, etc. Pero esa xente foi un bebé e logo un neno. En que momento se fixo mala persoa e por que ?.
Ben, aparte desa dúbida na foto aparece a falta de decisión dun rapaz novo, supoño, que quere ser malo e non sabe como selo e de aí que oriente os brazos da cruz gamada nun sentido e noutro.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 04/11/08, 00:15 , Blogger Bea dixo...

cando era nova, unha rapaza traboume nun brazo... tan forte que me levantou a pel e todo... da a casualidade que despois de tantos anos, este coincidin na clase con ela, e é boa rapaza... non creo que se lembre nin tan sequera do chanchazo... pero bueno... son cousas de nenos... de momento... chega unha idade a que esa excusa non vale e hai que pararlles os pés... bicos ó Leo!

 
Ás 04/11/08, 09:21 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Á idade do Leo os nenos non saben cómo demostrar os seus sentimentos i é por isso que empezan a pegar ós compañeiros, é unha etapa e a labor dos pais e dos educadores é ensinarlles a canaliza-los correctamente.

En canto á pergunta e salvo casos patolóxicos eu creio que un neno é malo cando se lle fan maldades, é dicer, cando se lle aprende a ser malo.

Un bico *

 
Ás 04/11/08, 09:25 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Ó mellor podes pasarlle este artigo ás súas coidadoras:
http://adivinacuantotequiero.blogspot.com/2008/02/6-formas-de-ayudar-al-nio-enfadado.html

O Doctor Sears é un referente na crianza respetuosa.

:)

 
Ás 04/11/08, 10:40 , Blogger George Amorim dixo...

Non creo que ha unha edad especifica pra maldad.
O problema comenza cando o neno e consciente do mal que fai.
E seguramente ten relación co a sua educación.

Bicos

 
Ás 04/11/08, 11:23 , Blogger tangaranho dixo...

ufff...pois nom sei, de todos os jeitos, e tal como se dixo, essa meninha tem ainda muito tempo de evoluir.

Quanto à pintada, até para ser nazi há que valer...

 
Ás 04/11/08, 12:41 , Blogger oko dixo...

eu creo que o da pintada non é máis que o debuxo dun z erguendo as mans!
e tamén creo que hai nenos malos, que xa coñecín algún que aos catro ou cinco anos fai maldades :(

 
Ás 04/11/08, 13:18 , Blogger fgul dixo...

e tan malo... (para debuxar esa cruz, aínda que supoño que non saberá o que é).

O da maldade é un constructo social determinado polo sistema económico vixente, xa que o comportamento humano vese reflectido no mesmo (Karl Marx)

Un saúdo.

 
Ás 04/11/08, 15:08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Uma interrogação que sempre nos passa pela cabeça a nós pais.
Um abraço e beijinhos ao Leo

 
Ás 04/11/08, 15:29 , Blogger Cuspedepita dixo...

A idade que pode ter a pequena que morde a Leo, excúlpaa de maldade :-)
Normalmente os nenos morden nunha etapa moi concreta da infancia en que non son capaces de facer sair a súa frustración de outro xeito. En canto entenden que chamarche malo, feo ou imbécil tamén te molesta, deixan de morder...
O paso previo a deixar de morder é aprender que falando se entende a xente. Anque che hai moitos adultos que aínda non deron asimilado ese paso, seguramente o da pintada será un deles.

 
Ás 04/11/08, 20:59 , Anonymous Anónimo dixo...

teña conta do cativo, pero non me preocuparía demasiado a estas idades: a miña filla tivo en ourense unha compañeira da gardería que tamén mordía, mesmo a tiñan que poñer no medio da sala rodeada de cadeiras para que non se botase aos outros nenos. en fin.
grazas polos parabéns: ir botando anos con persoas coma vde perto é un pracer. en serio.

 
Ás 05/11/08, 00:57 , Blogger Antón de Muros dixo...

Moitas veces os pequenos repiten o que viven nos seus fogares.
Se están entre violentos, é moi posible que sexan violentos...

De tódolos xeitos, quizáis a "admiradora" do Leo poida medrar e cambiar os seus costumes.

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 05/11/08, 09:52 , Blogger Mer dixo...

totalmente dacordo con Ana.

Un rapaz pode ser máis ou menos agresivo, moito depende tamén do ambiente familiar, pero cando empeza o problema é precisamente cando comeza a ser consciente da súa maldade e gústalle, fai que se sinta ben, porque na casa son así ou por todo o contrario, porque na casa pasa desapercibido e precisa amosarse dalgún xeito cando está fóra dela.

Apertas.

 
Ás 05/11/08, 15:05 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois eu, que teño o título de doutor en psicoloxía infantil, pola Universidade de Alvidrón (Antas de Ulla), vouvos dicir unha cousa:
Os humanos nacemos malévolos e pouco a pouco imos reprimindo (ou educando) esa maldade innata.
Hainos que medran e non logran educarse xamáis, e rematan por ser adultos malos. Iso sí é preocupante.
E si, o entorno familiar ten que ver; pero ten moitísima máis influenza a predisposición do individuo para ser ou non ser dun xeito (véxase que hai irmáns que son coma o día e maila noite, a pesares de ter a mesma familia).

Ala, xa pagaredes a consulta outro día

 
Ás 06/11/08, 10:20 , Blogger LM dixo...

o ano passado na mesa de laura havia uma nena que era o terror... mordia até fazer sangue e a um rapaz astilhou-lhe uma costela. a nena só repetia conductas aprendidas na casa. este ano mudou de colegio e quando chegou com a mesma actitude de jefa de aula deram-lhe até no dni. enfim... a vida pom a cada quem no seu lugar e a mae que o ano passado fechava os olhos ao que estava passando, este ano decidiu que era o momento de tirar de psicólogo e solucionar a vida de ambas.
beijos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio