Miquimáus
Estes días non atendín o blogo e o blogomillo como teño acostumado. O Leo non estivo mui católico de saúde e quería estar aghalimadiño todo o tempo. Iso si, o outro día tivo un detalle simpático dos del. Preguntoume o que tiña eu na camisola e díxenlle: " Nunca máis ". El repitiuno ao seu xeito e dixo: " Miqui máus ".
Etiquetas: leo III
6 comentarios:
Non mirara ese modelo de camiseta, eche ben chula. Boa saída a de Leo, máis vale que vexa moitos miquimaus, e non desgracias como aquela.
Un saúdo, que se millore.
Que mellore o rapaz.
Unha aperta.
Antón.
!Xenial! que se mellore.
Un abrazo par todos.
jajajajajaja. eu hoxe fun tocar e cantar (con traxe tradicional) para uns nenos de infantil e despois da actuación achégaseme unha nena e dime: ¿ya te quitaste el disfraz? Prefiro a saída do Leíño, por suposto.
Este pequeno fai unhas traduccións...;-) ;-)
Algo de razón tiña, ambos (letreiro e rato) son mouros, así que semellanzas non faltan :-)
Apertas
En realidade o Leo non fixo máis que unha adaptación infantil da frase. Este vaiche para guionista!!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio