O " Lady Mariana "
Cando eu era un rapaz botaban na tele Sandokán. Nesa época os rapaces do meu barrio tiñan unha banda cunha especie de cabecilla para quen o seu ídolo era Giro Batol, un dos piratas ás ordes de Sandokán. O tal xefe non era malo pero cando querían meterse co el non había máis que chamarlle " Lady Mariana " porque pórlle o nome dunha damisela era o pior para el.
Logo pasaron os anos e quedou atrás esa época e, para meterse co antigo xefe, só facía falla convidalo a xogar ás damas. O " Lady Mariana " tiña a extraña peculiaridade no seu falar de pronunciar con " n " o verbo " mover " e todas as súas formas. Así que se puña a xogar un co el e facía tempo para que o " Lady Mariana " acabase dicindo: " A ver, nueve."; " Te toca nover "; " Ahora nuevo yo "... Muitas risas provocaba...
Etiquetas: personaxes I
6 comentarios:
Vaya,me hiciste recordar mi juventud.En portugal también era asídua de esta série.
Besos
Jajaja! Abondaba con xogar unha partida con el, logo, para pasalo ben.
Moita gracia me fixo o vídeo do Leo bailando... este vai para bailador! :D;)
Apertas.
Uf, a mín nin me sona o conto. Debeu ser divertido.
Unha aperta
Hóstias, Sandokan, o tigre de Malasia, ti si que es da miña quinta! Qué bonito saber que non estamos sós!
Si, eu tamén me acordo da serie Sandokán, anque creo que eu sería máis vella ca ti, pero aqueles ollos verdes, ¿quen os esquece? ;-);-) jajaja
Erades algo túzaros os da panda ¿ou? Tiñadeslle ben collido o punto ao xefe.¡Pobre xefe !
Sandokan marcou unha época na TV. Aínda hoxe algúns me chaman a min Sandokan por similitude fónética co meu apelido Sandoval, por eso e polo pelo longo o mellor tamén.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio