R. Fogheiras
O día do magosto fixen a foto esta onde Leo " chocaba " contra unha árbore e se mira un canastro no fundo. Ese canastro fíxome lembrar a R. Fogheiras porque pasou noites durmindo nel cando o botaran da casa. O Fogheiras non era mal rapaz. Tiña un aire de gnomo ou trasno porque era pequeno, con pencas e cando sorría rasgaba os ollos e ata semellaba que se lle afiaban as orellas. Era puro nervio e un tolo polo lume e de pequeno facía fogueiras con todo e a todas horas e de aí lle quedou a alcumada. El deume a coñecer o grupo asturiano de agrorock Los Berrones e comigo sempre se portou ben. Coñeceu a droga, afundiuse nela e chegoulle o final unha vez que abusou dela.
Deixo este posteo en lembranza del neste día de nortada fría.
Etiquetas: personaxes I
12 comentarios:
Por esa costa Leo necesita que alguén lle arranxe os freos.
¿Que tal Ana? Un biquiño da nosa parte para ela.
É curioso que tan en silencio matamos aos que se foron así. Cousas da condición humana. Saúdos para toda a familia.
Que forma tan bonita e literaria de lembrar a alguén... Saúdos dende Andalucía.
unha magoa, por desgracía coñezo am oita xente que rematou dese xeito. Saúdos e apertas meu :) Grazas polas tuas visita
Cántos quedaron polo camiño!!
Un bico *
Xa vexo que o Leo manexa o cochiño con certo arte. Para a próxima xuntanza en Agolada xa turra él de seu pai e de sua nai polo sobreiral arriba!!!
Gustoume moito a forma en que escribiche esta historia do Fogheiras.
Bicos para ti e os teus.
Tenra lembranza, todos coñecemos algún caso de xente que se quedou polo camiño.
Simpáticos e festeiros Os Berrones: fun a algúns concertos seus nos 90. Non sei que será deles aagora.
Apertas.
Pois é unha pena, foron moitos os que caíron dese xeito.
Polo demáis, esa foto é no monte da Risca? eu estiven un par de veces alí e non teño ningún recordo de un canastro. Uff, que mal, xa non me lembro.
Un saúdo.
As tardes frías do outono son especiais para lembrar tempos pasados.
Cando lembras a alguén que xa non está podes facer que, dalgún xeito, estea preto do teu corazón.
Unha aperta.
Antón.
Houbo xeracións nas que as drogas fixeron estragos, por sorte non foi a miña, aínda que tamén tivemos algún funeral.
Los Berrones viñeron unha vez pola miña terra, xa fai anos, non recordo, sei que non os coñecíamos e só tatareábamos o Nun lles ti ...
Teño os autógrafos, jeje.
berrones! mi madrinha! vou ver se ainda posso resgatar algo da caixa do trasteiro...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio