Vinteseis meses
Hoxe o Leo fixo os seus vinteseis meses de vida. Está nunha etapa de afirmación da personalidade negando case todo. Esperemos que non dure demasiado esta etapa. Aparte a semana pasada tivo unha otite e estaba mimento de máis e co " non " preparado para todo: a comida, a tele, os contos, os sitios, etc. Agora parece que recuperou o apetito e a alegría para xogar e estar coa xente. Do resto non hai grandes cambios e avanza lentamente no seu desenrolo.
Etiquetas: leo III
14 comentarios:
Esta todo chulo facendo practícalas co cochecito
Carallo! este luns o meu Manuel tamén amenceu con otite...
Cando saberedes o sexo doutro filliño/a? ;-)
Unha aperta.
Antón.
Está en plena "crise dos dous anos", se queres, pásoche recursos para que todos a levedes mellor, porque aínda dura hahahaha
biquiñosss
Efectivamente vexo que o andades entrenando para que despois carrexe á sua irmá (eu teño o pálpito de que será unha Leiña...)
agardo que todo sigac ben. e sobre todo que teña moito espazo para fedellar...por que a miña compañeira lle gustara tan pouco o campo? Saúdos e apertas :)N
A min esa etapa ainda me dura :)
A que idade se pasa de contar en meses a contar en anos? Cada vez que oio unha idade en meses tenho que porme a contar cos dedos.
qué bonito está, e en qué paraxe máis femoso e outonal
bicos
Polo que dis avanza sen presa pero sen pausa, que é o mellor xeito para avanzar, O da otite é moi doloroso, pásano moi mal, alégrome que estea mellor.
Apertas.
si, confiemos en que a autoafirmación non lle dure de máis, porque xa logo lle entra na adolescencia e daquela... mi má!
(era broma, non se crispe :-)
Que mal o pasamos cando sufren, e non sabes que facerlle. Menos mal que son fortes e van saíndo pa diante. A disfrutar dos momentos bos.
Terei que voltar un día de estes o monte da Risca, porque xa non me lembro do canastro ese. Será a idade?
¡Compañeiro!..como medra ese neno.
que ben lle presta o outono ao naipelo. están os dous guapos, guapos. e paciencia, que a estas idades están buscando o seu lugar no mundo. a sabela se se lle nega algo que pide empeza a choromicar un chisco, tamén anda co mmmmmío, que non hai quen a pare, pero non nos queda outra que intentar educar e poñer as cousas no seu sitio porque se non temos coidado poden medrar como pequenos tiráns, e non hai nada menos desexable e perxudicial para os seus desenvolvementos.
pero iso, etapas que temos que pasar xuntos para velos medrar e que nos sintan moi perto.
apertas!!!
Na foto semella feliz, vese que xa lle pasou a otite que tanta dor causa.
Unha aperta para todos. Andei menos por aquí ultimente pois motivos familiares restáronme ganas e tempo.
A etapa do "non" pasa, non te preocupes. Ao noso pequerrecho cando estaba nesa fase preguntábaslle algo e respondía: sss... non, non, non. Era moi simpático.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio