Os Aloques
Seguindo coa teima dos nomes, teño que dicir que me interesa a procedencia dos nomes de lugar. Así en Vilaguindastre hai un barrio e unha fonte que se chaman Os Aloques. Busquei no dicionario a ver se tiña significado e topei dúas acepcións: manancial de auga ( o máis probable ) e mistura de viño tinto e branco ( que podería ser se cada cano botase un dos dous tipos de viño ). Vamos, un soño para calquera amante do viño.
E agora toca seguir pensando nomes de muller ...
Etiquetas: lingua III, vilaguindastre II
6 comentarios:
Pensa, pensa e ficará o mellor ;-)
Unha aperta.
Antón.
Uff... me dá que se botase viño estaría seca ou habería unha cola de coidado.
Curiosidade, esta fonte é a que está no centro de Porriño, non? E Villadingastre é un barrio de Porriño ou Mos? Non o teño claro, pregunteille a unha rapaza de Porriño que traballa con nós e non o coñecía.
Un saúdo
¿Aurora?
nós partimos a cabeza para buscar o do neno. procuramos nom conta-lo até que o tinhamos quase no registro por isso de que nom nos vissemos influenciados e penssassemos em mudar de ipiniom a última hora e resulta que os seus companheiros de aulas seram: mateo, martín, etc., e ele matías e todos com diminutivos de mati...
o que tenha de sair sairá e seguro que o leo já pensa nalgo
beijos
eu coñecín este verán a unha rapaza que se chama Loimar, encantoume. Apertas
acábome de lembrar que unha vez coñecín una nena que se chamaba Illa, era moi romántico porque vivía nun antigo faro restaurado
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio