leoeosseus

Thursday, 11 December 2008

Premio




A min gústame cumprir no traballo e hai veces que para facer o meu teño que chincharme e facer o doutros. Procuro non encomodarme pero necesito dicilo nalgún sitio senón arrebento e para iso teño o blogo. Para que conste.

E este asunto faime lembrar hai anos, cando limpaba nun hotel de Londres, que nos mandaran limpar os baños das escaleiras e eu limpaba e fregaba o millor posible. O meu compañeiro dicía que non facía falta tanto pero debaixo dun escobilleiro dun baño topei uns billetes dobrados que eran tanto como o que cobraba eu nunha semana. Quedei mui contento co eses cartos que ninguén recramou e que sempre considerei como un premio ao meu traballo.

Na foto saio eu e compañeiros españois, un polaco, unha francesa e dúas suecas.

Labels:

13 Comments:

At 12/12/2008, 08:22 , Anonymous Anonymous said...

Iso pásalle en todos os traballos, pero vostede cóntenos e descargue que para iso estamos. Eu creo que cada un debe aspirar a facer da mellor maneira posible o seu traballo, sexa o que sexa, iso dignifícao e fai tamén que un se sinta mellor.
Saúdos.
X

 
At 12/12/2008, 10:04 , Blogger Mer said...

Pois sí, foi coma unha recompensa.

Isto recórdame ás trampas que se lle poñían (e non sei se lle seguen poñendo), ás mulleres da limpeza, que para saber se eran de fiar, cando os xefes non estaban na casa, deixaban algún billete á vista, e ao voltar ían ver se aínda estaba.

Pois a tí pasouche o mesmo. Quizáis algún xefe puxo os cartos ahí, esperando que algún limpador xeitoso, os atopase.

Saudiños.

 
At 12/12/2008, 16:29 , Blogger An said...

Nen máis nen menos...o traballo sempre temos que facelo o mellor posible :) Saúdos e apertas

 
At 12/12/2008, 21:45 , Blogger Ana said...

Foi un premio o bon traballador,jeje
Sempre hai unha recompensa, cando as cosas son ben feitas.
E como dis, en todos os traballos,esta o tipico vago,sempre terminamos por facer o seu e o noso,e lei de vida!

Bicos

 
At 14/12/2008, 00:43 , Blogger Roxiña said...

Pois quizais alguén puxo alí eses cartos para ti. Quen sabe ;)

 
At 14/12/2008, 15:47 , Blogger LM said...

que os do teu redor o fagam pior nom quer dizer que tenhas de ser igual. ai está a qualidade de cada um.
beijos e noraboa pelo trabalho bem feito.

 
At 14/12/2008, 18:22 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Carallo! estabas ben rodeado.
E si señor, o traballo ben feito sempre ten -como mínimo- a propia satisfacción. Despois se por riba aparece un billetiño de máis...tanto mellor!

E voltando a nomes para a irmadeLeo, ainda que manteño a candidatura de Lia, aporto unha variante fonética do mesmo: que tal Lúa?

 
At 14/12/2008, 19:17 , Blogger Carlos Sousa said...

Eu sempre penso que xa que temos que traballar, pois o millor é facelo ben, sempre queda un máis contento. E si aínda por riba contas con esa sorte, moito millor.

 
At 14/12/2008, 20:48 , Blogger O Raposo said...

Unha recompensa polo traballo ben feito sempre se agradece.

 
At 15/12/2008, 16:00 , Blogger LM said...

o outro dia estando nas urgencias do materno infantil chamaram aos familiares de lúa silvestre...

 
At 15/12/2008, 20:50 , Blogger mencía said...

Ti desfoga no blog que nos aturamos todo.
O traballo ben feito xa ten a primeira recompensa co ben agusto que se queda un de telo feito e logo pode ocorrir o que che aconteceu a ti e iso é unha dobre recompensa.
Bicos.

 
At 16/12/2008, 01:08 , Anonymous Paquito de Penas said...

Os galegos somos así, facémolas cousas con arte. somos uns artistas, eso é :-)

 
At 19/12/2008, 11:13 , Blogger busto.agolada said...

Eras noviño na foto, estabas moi ben acompañado e recibiches un merecido premio ao teu bon facer.
Por iso te lembras tan ben despois dos anos que xa pasaron.
Saúdos.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home