Friday, January 30, 2009

Bertha Ringer


Na consulta do dentista pode un pasar un rato agradable lendo as revistas e tamén pode aprender un algo. Eu coñecín a Bertha Ringer, a muller de Benz que apoiou ao seu home nos proxectos para idear o primeiro automóvil da historia. Cando todos se botaban atrás ela apoiou e confiou no marido e meteu o seu dote no invento. Non só iso senón que un día de agosto de 1888 deixou unha nota na mesa onde dicía " Vou visitar a miña nai ". Colleu os dous fillos de 15 e 14 anos e o aparato e alá foi visitar a nai a 106 quilómetros de distancia. O aparato corría a 16 quilómetros por hora pero os camiños non estaban preparados para el. Tiveron que ir mercando alcol en boticas, coller auga para o motor en ríos e bulleiros e cambiar os freos de coiro gastados nun garnicioneiro. Nas costas baixaba a puxar mentres guiaba o fillo maior e así chegaron ao destino... cinco días máis tarde !. Mandou un telegrama dicindo " Chegamos sans e salvos " e demostrou a todo o mundo que o aparato tiña futuro. E Bertha Ringer converteuse na primeira persoa en facer un traxecto en automóvil da historia.
Na foto sae unha recreación da proeza que repiten tódolos anos en agosto en Alemania.

9 comentarios:

peke said...

Interesante historia.

elvira carvalho said...

E eu gostei de conhecer esta história sem ter que ir ao dentista.
Um abraço e bom fim de semana

torredebabel said...

Pois a ver se cambio a miña dentista pola túa porque na súa consulta só hai desas revistas de famosos e xentes da televisión que se non casan, teñen fillos ou divorcianse. Pouco mais...

An said...

Sempre aprendes algo nesta vida...interesante, ben certo é, tras un gran home soe haber unha gran muller...ou outro gran home. Saúdos e apertas

Mr Tichborne said...

Dou fe do testaláns que son os/as alemáns. Ben pola Ringer.

Roxiña said...

Hombre! Eres dos que len as revistas cultas e interesantes que eu pensaba que ninguén lía nas consultas. Noraboa, os teus coñecementos agradeceráncho. Bico grande.

paidovento said...

É dicir, que a tal Bertha foi a primeira piloto da historia. Para que despois haxa quen diga que as mulleres non saben conducir.
Unha aperta.

Merce said...

Si o que un se propoña...

Bicos

busto.agolada said...

Con mulleres así progresarían máis os países. Admiro a súa decisión e a fe que puxo na idea do seu home.
Fermosa historia e feliz estadía a túa na espera do dentista.
Saúdos e apertas.