leoeosseus

venres, 16 de xaneiro de 2009

Cada vez menos


Hoxe houbo dúas despedidas no traballo. Un compañeiro xubilouse merecidamente e trouxo empanada, rosca, xamón, xamón para monos ( como lle chama el aos manises ) e viño. Esa foi a despedida alegre. A triste é a do compañeiro que non lle renovan o contrato. Este home viu de Madrid porque coñeceu á súa muller de aquí por internet. Gustáronse e aquí quedou. Quixeron ter un fillo pero teñen problemas. Probaron con inseminación artificial e nada e agora seguen probando pero co método " divertido ", que di el. Eu só espero que o seu porvir veña cun sorriso grande coma o seu e amenizado co falaricar rebuldeiro dun neno.
Na foto sae un moneco dunha protesta por despidos laborais nesta época de crise.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 17/01/09, 03:21 , Blogger An dixo...

A vegadas penso que o 90% destes despidos non teñen moito sentido, máis alo o medo o crise...bato a cachola e penso...non home non, aa sociedade non pode ser tan cruel...quen sabe

 
Ás 17/01/09, 10:12 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Vaia por dios! Xa é o segundo que vos despiden non? :(

 
Ás 17/01/09, 15:45 , Blogger George Amorim dixo...

As cousas estan moi serias,cada vez e mais dificil topar chollo, e os que o teñen, non o poden conservar.
Onte xa CITROEN apregoaba os 2000 despidos pra este ano...e outra empresa Porriño que fechaba deixaba a 112 pesoas na rúa...

Bicos

 
Ás 17/01/09, 19:37 , Anonymous Anónimo dixo...

A situación está empeorando a pasos axigantados e eu teño a sensación de que ninguén fai nada...

Estou abraida con Leo. Está moi maior!!!!!!!!

Mrs. Doyle

 
Ás 17/01/09, 21:04 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Parece que a situación estase a complicar cada día mais, moita xente vai ir ao paro neste ano, non sei como rematará todo isto.
Bicos.

 
Ás 18/01/09, 00:45 , Blogger Merce dixo...

Non son bos tempos... pode ser que algunhas empresas aproveiten en beneficio propio, outras non poden afrontar os pagos, non e doado. Esperemos que isto cambie para mellor.

Saudos.

 
Ás 19/01/09, 01:07 , Blogger LM dixo...

paciencia...é o que nos queda...isso e a esperanza.
beijos de ánimo

 
Ás 19/01/09, 15:45 , Blogger busto.agolada dixo...

A foto é toda unha alerta frente á crise e aos despidos. O paro e a situación económica son os asuntos que máis preocupan á sociedade. Temos que saír todos xuntos do pozo. Que ninguén espere que sexan os gobernos quen nos quiten. Todos debemos facer algo. Eu oía o sábado na radio que hai unha economía mergullada próxima ao 23%. Se saíse á luz axudaría a xerar máis solidariedade e máis emprego. Velaí temos un camiño.
Ánimo para ese teu compañeiro e que teña éxito co método divertido.
Apertas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio