Fin de festas
Onte foi o día da cabalgata en Vilaguindastre e chegamos apurados despóis dunha sesta longa do Leíño. Había un feixe de xente e saudamos a algúns coñecidos. Cada rei levaba a súa carroza e Baltasar estaba algo tristón pero polo menos era negriño de verdade. As carrozas ían acompañadas de tres rondallas. Atronaba a música dos altofalantes das carrozas e, curiosamente, soaba música en inglés do halloween. O pior momento foi cando recibimos uns caramelazos cousa seria duns paxes postos ao choio. Simpático foi cando lle preguntamos a Leo máis tarde a quen miraramos na cabalgata e respondeu: Melchor, Basaltar e Papa Nel.
Esta mañá tamén foi simpática a cara do Leo cando mirou que non estaban os reis nin os camelos no nacemento e que había regalos debaixo da árbore.
Pola miña parte non debín de ser malo de todo que recibín unha cámara nova para sustituir á outra que está nas últimas e calquera día deixa de funcionar totalmente.
E agora toca tirar boas fotos.
Etiquetas: etnografia III, vilaguindastre II
12 comentarios:
Recoñezo que non sei apreciar o valor das rondallas; para min é demasiado ruido e pouca música. Das que escoitei quédome coa de Atios, que ten unha boa formación de instrumentos de vento que dá gusto oilos. O que nunca entenderei é que pintan esas mozas desfilando no principio, portando bandeiras, nunha mestura estraña de desfile militar e "majorettes".
No Morraso os negros aínda che son de mentira, cousas da tradición. Un bico.
Felicidades polo agasallo e mais pola cara do cativo polos seus.
Ata o ano non voltaran os reis e mailos camello, parece moito tempo, pero enseguida pasa. E para daquela o pequecho xa será un anaco mais grande e xa saberá que terceiro rei non é "papa nel".
Saudos
aguardamos essas fotos...
beijos
Rinme moito lendo o dos caramelazos, debenche facer uns cursiños nalgún sitio onde lles ensinan como se fai, porque fan en todos os sitio igual, veña caramelazos, que se te despistas quedas sen ollo.
O asunto é que o Leo quedara contento e os reises lle trouxeran o que desexaba.
Bicos.
Carallo!, pois as abandeiradas do desfile ían fresqueiñas de moito nabizo. Hoxe non sei se estarán acatarradas todas!
Alédome polo teu agasallo, do que seguramente todos habemos percibir beneficio. Unha aperta
Feliz Ano Novo!!!.
Parabens polos agasaios.
Unha aperta.
:)
Sorte de LEo, por ser ainda neno....
Sorte que tes ti, porque alguen ainda tenche no seu magin, e se preocupa por ti....
Que desfrutes a nova camara, e segues sacando tanboas fotos, despois as "pirateamos os demais...
Unha aperta
Ola! Xa estou aquí, logo de tanto balbordo coas festas, dá gusto ter un pouquiño de tempo para dar un repaso aos blogs dos meus amigos. Teño que aproveitar o tempo pois mañá venres xa están aquí os netos e non sei que é o que pasa que non se nos despegan, o maior convértese na nosa sombra e o pequeno remátaa dicindo avoíña Cris ¡quéroche! É que son uns zalameros.
Gústanos moito o nome de Xiana, espero que Cris e Toño poñan ao neno ese nome tan bonito que están pensando
Pois iso, a tirar boas fotos e a mostrárnoslas. As cabalgatas, penso que máis ou menos son igual en todolos lados, na de aquí esqueceuseme falar das abanderadas, que como dí alguén por ahí, tamén che ían ben fresquiñas.
Que disfrute o Leo cos seus agasallos.
Nós vimos o desfile dúas veces. Non queres caldo, sete tazas. Mágoa que non escoitei a Helloween, soarían moito mellor que o rancio repertorio das rondallas. Noraboa pola cámara, a min non che me fan agasallos así.
pois se hai cámara nova haberá novas fotos. que pasa, daquela, que non hai posts? :-)
feliz ano novo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio