Sobremesa nadaleira
Estas pasadas festas teñen tamén as súas sobremesas típicas. Por Arbo son típicas as tostadas de viño e o requesón ( na foto sae con viño e azucre como a min me gusta ). Logo están as típicas mercadas ou conseguidas nos lotes que perduran e perduran. Non sei a ti, pero a min despóis das festas xa non me apetecen e quedan aboiando por aí un tempo. E así agora quedan roscos de viño da Estepa que teñen un ingrediente de nome curioso como é a " matalahúva ". A miña curiosidade encendeuse e non parei ata descubrir o que é.
Bueno, vou ver se remato os dóces dunha vez.
Etiquetas: etnografia III
8 comentarios:
Eu non podo mais coa comida, estou empachada.Ainda mais os doces.
C´aproveche!!!
Bicos
Non sabía eu desa sobremesa de Arbo e de seguro que ha estar ben boa. A ver se un día dás a proba ou polo menos mándasme a receita, e así fágoas eu.
Que mellore o Leíño.
Bueno!!! isto xa e un luxo!!! estasme a incluir no teu blog e ademais nunha lista onde van nomes de prestixio, e ainda por riba chamasme fotografa, ufff e moito, eh? :)
Non sei como darche as gracias por engadirme e por visitalo meu pequeno curruncho.
Unha aperta moi grande, seguireite de cerca a partir de agora ;)
Buf, máis doces non... eu por min os seguiría a comer... co lambona que son... pero creo qeu agora toca adelgazar eses kiliños que no nadal se aposentaron onde non debian. ;)
este Leo e mailos seus son xente de "papalo ben"...Bo ano, xentiña!
por aqui sobraram-nos polvorons de coco, enviamos-te alguns?
beijos
Por aquí as tostadas de viño e a leite frita son moi típicas, o requesón non se leva moito.
O que está claro que un queda aburrido de tantos doces. Eche o que hai, como a rosca na semana santa.
Entón o matalahuva ese é o anís? que ganas de complicalos nomes.
Pois non coñecía eu o das tostas de viño. Sí coñezo as sopas de mulo canso (viño con pan). Haberá que probalas.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio