leoeosseus

martes, 27 de xaneiro de 2009

Vinteoito meses


Despóis dun inicio de ano apouchadiño con días de febre e sen apetito o Leo recuperou a saúde, o humor e o apetito. Pasou de xogar con monecos a enamorarse dos contos de Disney e Mortadelo e Filemón e busca tódalas personaxes e pregunta como se chaman. Tamén lle gusta pintar á súa maneira e debuxou a primeira cousa evidente que era un caracol. Está falando todo o día e inventando historias e ten días de palabras e expresións e así pasou a época de dicir " chavala " para todo a " non sei ". Tamén empeza a cantar ( máis ben tararear o fin das frases ) e esperemos que herde o sentido musical da nai. Agora esperemos que millore o tempo para poder pasealo máis. Falando de pasear onte levámolo á pediatra e estivo todo entretido cos contos ata que saiu a muller e dixo: " Ahora Fulanito de tal y después Leo S. ". O Leo saltou " Leo, no. Buaaa. A pasear. A pasear."

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 28/01/09, 10:01 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Ai pobriño!! mas el non vai á gardería non? como é que está tan pochiño? probaches coa homeopatía? para nós foi todo un descobrimento!!

Un bico :)

 
Ás 28/01/09, 10:29 , Blogger Carlos Sousa dixo...

A verdade que neste inverno non nos da moito xeito levalos de paseo co frío que fai. Pero a ver se pasan rápido estes dous mesiños que logo xa virá a primavera para darlle unhas voltas e que disfruten ó aire libre.

Unha aperta

 
Ás 28/01/09, 12:05 , Blogger LM dixo...

já queda menos para a primavera!
míra-o pelo lado bom... se está pochinho e sana é porque tem umas boas defesas!
beijos

 
Ás 28/01/09, 12:18 , Anonymous Anónimo dixo...

Que a cousa fique en Disney por un tempo. Eu cometín o erro de poñerlle ao Breixo filmes como Hulk, King Kong, As crónicas de Narnia ou Spiderman, e dou fe de que incitan á violencia. O peor é que eu son a vítima dos seus xogos de loita e guerra (gozosa vítima, direi)... Iso si, con outros nenos está feito un biqueiro e cúbreos de agarimos.
Ao final, creo que, ao contrario dos adultos, os nenos teñen suficiente intelixencia como para saber en qué contexto poden empregar esa "violencia" imaxinativa e permitida -o xogo- e en cales non -as relacións humanas-.

 
Ás 28/01/09, 13:25 , Blogger Merce dixo...

:) pobre! e a que lle gusta ir o medico? ainda que as miñas fillas saian sempre cunha piruleta na man, levaba a faciana cheiña de bagoas.

Tes un neno moi, pero que moi guapiño. Espero que siga mantendo os pequenos arrefriados a liña e se atope millor.

Biquiños para Leo :)

 
Ás 28/01/09, 16:49 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Que riquinho está!
Pregunta: Cando se deixa de contar a idade en meses e pasa a contarse en anos?

 
Ás 28/01/09, 18:58 , Blogger busto.agolada dixo...

Vese feliz metido nese cochiño de xoguete. Mágoa que ir á pediatra lle tronce parte desa felicidade. Claro que é preferible pasear. Alédame saber do seu sentido musical e do de Ana.
Apertas para todos vós e que mellore o tempo para os paseos por Vilaguindastre e arredores.

 
Ás 28/01/09, 22:20 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O inverno non axuda moito para coidar das típicas "voltiñas" que teñen os nenos. Pero pouco a pouco farase máis resistente e xa verás como as vai superando solo.
Os médicos non lles gustan a ningún. A miña pequena -cando era mais ou menos do tempo do Leo- con solo ver unha bata branca choraba como unha perdida. Tanto que un día viu a unha moza que traballa nunha panadería en Antas(e ía de blanco), e xa puxo pucheiros.

 
Ás 28/01/09, 23:31 , Blogger Moraima dixo...

Pero que guapiño está, da gusto miralo!

Pobre, non creo que lle guste demasiado ir ó médico... eu ós meus anos, e açinda escapo se vexo unha xeringa.

 
Ás 29/01/09, 00:02 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Aiiii! Desaparezo un par de meses e mira que guapo está o Leo! Xa é un neno maior! Incrible... Vexo que segue a crecer e a progresar :) Alégrome moito, e vós seguro que disfrutades coma tolos con el, non?

Un biquiño!

 
Ás 29/01/09, 00:32 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

I eu que estaba convencida que non fora á gardería vai tí a saber por que!!

A miña pequenada igual, para durmir optamos por mercarlles uns "pixamas-manta", son como de forro polar (aínda que os hai doutros materiais) e póñense por riba dos pixamas normais e oes... man de santo!! en Prenatal os venden e agora nas rebaixas teñen bos precios, senón en calqueira tenda para nenos.

Biquiños :)


(por certo... que non ten que ser de neve!! ains, que pouca imaxinación!! hahahaha)

 
Ás 31/01/09, 12:35 , Anonymous Anónimo dixo...

¡Como medran os nenos, meu deus! Eles van chupando da nosa enerxia, de aí que rematemos algúns días sen folgos :-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio