Saturday, February 7, 2009

" Chime para pinar "


Mostreille o disfraz para Leo e dixo: " É bolito. Ah, un chime. ", sinalando o gancho para penduralo no almario. Eu díxenlle: " É para pindurar." e o Leo retruca: " Ah, chime para pinar."

10 comentarios:

Meninheira said...

hahahaha encántama esta lingua dos nenos!!

An said...

cando comenzan a falar con certa fluidez sonche caralludos, eu son taton para miña sobriña que supoño sera unha mestura de tio e Antón, saúdos e apertas

Carlos Sousa said...

Hui! xa che está saíndo pillín. A verdade que se botan unhas risas coas súas frases.

Kaplan said...

vaia, parece que apunta maneiras o leíño
a miña, que aprendía rapidamente a falar e non tiña grandes problemas, sen embargo metía sempre algunhas palabras en dialecto, unha delas que aínda recordo era MÚCANA para chamarlle á música: papá, pon múcana.

Chousa da Alcandra said...

E se metésemos unha ducia de nenos da quinta do Leo na Secretaría Xeral de Políticia Lingüística...faríamos un idioma riquísimo jajaja

Xa vexo que empezastes a pertrecharvos para o entroido. Por aquí ainda non, pero algo farase.

Unha aperta

elvira carvalho said...

O Leo começa a descobrir as coisas.
E como vai a esposa? Tudo bem?
Espero que sim.
Um abraço e bom Domingo

Mar e Lúa said...

Eu voto pola idea de Chousa. Jajaja, moi boa!

Aproveitade este tempo, que é cando están máis graciosos... E xa sabes que rir non é barato, senón gratis con eles.

busto.agolada said...

É simpático o falar do Leo. Eu voto con Chousa para o Depeartamento de NOrmalización Lingüística.
Ah, logo ensínanos unha foto co Leo enfundado nese traxe indio.
Apertas.

LM said...

que simpático!
beijos

Merce said...

Aha, dende logo que da gusto oilos asi, dadesme envexa, miñas cativas xa van grandiñas e botanse de menos esas edades.