leoeosseus

domingo, 8 de febreiro de 2009

Primeira foto de Xiana


Xa temos as primeiras fotos de Xiana onde non sae mui favorecida. Nesta foto sae a cabeza pero noutra mirábanse as súas partes e non é cousa de expoñelas ao público pero confirma o sexo da nena. Xiana vai mui ben e botaba a lingua á cámara. De tamaño está dentro da normalidade anque ten as pernas máis longas do normal.
Todo está ben para ela e a nai que iso é o importante. Toca seguir esperando e que non haxa imprevistos.

Etiquetas:

22 comentarios:

Ás 08/02/09, 22:27 , Blogger Moraima dixo...

Seguro que todo vai ir ben!

 
Ás 08/02/09, 23:23 , Blogger HADEX dixo...

Hummmmm.....me encanta esto das fotos ecográficas....molan mogollón....Que salia todo ben, que seguro que sí.....Bicossss

 
Ás 09/02/09, 09:33 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que emoción, verdade? Unha foto ecógráfica, eu non tiven esa sorte cos meus. Pois agora que pase o tempo, e xa nos mostrarás outras.

 
Ás 09/02/09, 11:30 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Pernas longas? pois tes aí unha futura modelo ;)

Por certo que eu a vexo preciosa!!

 
Ás 09/02/09, 11:33 , Blogger insomniorizar dixo...

xa che dijo, eu non teño tampouco foto dese tipo, pero miña nai, ainda q soe un pouco grimoso, garda as 5 pinzas do embigo dos seus filliños. Jjeje Aljo é aljo. Un biquiño a naideleo, paideleo e leo

 
Ás 09/02/09, 13:46 , Blogger Lapis-vermello dixo...

Encántame ver ecografías. Seguramente saíra todo ben. Bicos.

 
Ás 09/02/09, 14:14 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

No pouco que podo apreciar creo que se ve moi ben a súa cara , esta medio de lado e aprécianse os seus bracitos. Eu case lle vexo parecido a Leo,dígoo en serio. Un bico A.Cris

 
Ás 09/02/09, 14:17 , Anonymous Anónimo dixo...

Vai ser moi intensa a vida de Xiana. Xa é noticia moito antes de nacer e viaxa pola ancha aldea global nos soños do seu pai. Sabemos dela e sa súa boa saúde e tamén da da nai. Que todo chegue a feliz término e moitas apertas.
Manuel Busto

 
Ás 09/02/09, 14:56 , Blogger Antón de Muros dixo...

Parabéns pola foto de Xiana.
Aledame saber que vai todo ben :-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 09/02/09, 17:45 , Blogger An dixo...

E que siga ben por toda a eternidade, Grazas por compartir isto con nos :). Saúdos e apertas os catro :D

 
Ás 09/02/09, 19:48 , Blogger Suso Lista dixo...

Que teñades moita sorte e que todo vaia como a seda. Apertas.
P.D. Continuo a escribir como sempre, sentome e...o que salga.

 
Ás 10/02/09, 12:41 , Blogger Mer dixo...

Bravo por Xiana que empeza a saber como tratar aos paparazzi, botando a lingua.

¿ E como leva Leo o de que vai ter unha irmá?

¡Qué todo saia moi ben!

Unha aperta.

 
Ás 10/02/09, 16:38 , Blogger LM dixo...

de certeza que para vós é a foto mais linda do mundo só comparável com a do leo!
beijos a essa preciosidade e a vós também ;-)

 
Ás 10/02/09, 18:57 , Blogger oko dixo...

as ecografías son xeniais!!! e xiana, por outra banda, é un nome precioso!!!

 
Ás 10/02/09, 19:33 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois a mín que me da que vai sair guapiña a nena..., pero guapa a rebentar.

 
Ás 10/02/09, 19:39 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Como sempre dicía miña avoa, o importante é que veñan saniños e que a nai leve ben a barrigola.
Eu as fotos das eco enténdoas pq me van dicindo; que senón...

 
Ás 11/02/09, 01:35 , Blogger Merce dixo...

Noraboa! Claro que sairá todo ben, moi ben, abofé que si.

Moitos biquiños.

 
Ás 11/02/09, 02:02 , Anonymous Anónimo dixo...

Se ten as pernas longas, poderá adicarse ó atletismo, que en "Vilaguindastre" hai bastante afección. :)
¡A seguir desfrutando das emocións!

 
Ás 11/02/09, 11:12 , Blogger Peke dixo...

Moi favorceida non saíu, non, pero o importante é que estea ben.

 
Ás 13/02/09, 00:36 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que seja saudável e perfeitinha. Decerto será uma menina linda, como o Leo.
Minha netinha, nasceu de cesariana, 3 semanas antes de tempo, por causa de um problema de coluna da mãe. Media 50cm e pesava 3,240Kg. Moreninha, linda.
Um abraço

 
Ás 19/02/09, 00:00 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eu nas ecografías non son quen de ver nada; pero felicitoche por a nena qeu ven de camiño! e claro que vai sair todo ben!

 
Ás 19/02/09, 10:48 , Blogger Nemeth dixo...

alédome que vaia todo ben e que a familia aumente.

nemethon

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio