A Relva
Na parroquia onde vivo hai un barrio que se chama A Relva. Nos cartaces poñen Relba que non sei de onde o quitaron. Un veciño máis novo ca min díxome que unha relva para el é un prado segado e en portugués relva vén ser grass en inglés ou césped en castelán.
Isto todo vén a conto por un medio debate que había nalgúns blogos sobre endónimos e exónimos.
Nada. Lideiras miñas.
Etiquetas: lingua III, vilaguindastre II
1 comentarios:
Durante o ano pasado, en Redondela estiveron a facer unha revisión dos topónimos, renombrando os camiños, e foi unha verdadeira desfeita. O más gracioso foi o Camiño das Sobrosas (presumiblemente po "sobreira"), que pasou a ser das "Sabrosas".
Dentro de cen anos, alguén inventará unha explicación pintoresca sobre quen podían ser as "sabrosas".
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio