Friday, February 27, 2009

Vintenove meses


Vintenove meses xa son os que leva o Leo entre nós. Recuperou quilos dende que estivo malo o mes pasado e progresou bastante no falar. Fala só e canta muitas cancións no seu idioma e ata sabe algunha en inglés. Esta semana estivo cos curmáns e parece que espabilou en tódolos sentidos porque anda mui activo e non dorme a sesta e proba comidas imitando aos curmáns. Tamén ten momentos mimosos e ciumentos e non quere saber nada da gardería estando os curmáns na casa.
Mañá o Leo será o encargado de ver a quen lle corresponde o viño de Arbo do meme do traste galego.

7 comentarios:

Carlos Sousa said...

Pois mira, se xa che sabe inglés e unha cousa marabillosa, e se despois é el o encargado do sorteo sempre pode dicir aquilo de:

In de uiner is...

TXARI said...

todo um hominho!

Paco Penas de Dorvisou said...

Está claro que as únicas mans inocentes son as dos nosos fillos... ¿Que faríamos nos mal?

An said...

Vendoo como o vexo tan amiudo, xa me sinto como da familia :D Saúdos e apertas. sorte a todos co viño :)

Merce said...

29 meses para comelos a bicos, mágoa que medren tan axiña.

Zeltia said...

ah non me tocou o premio, pero xa foi un gusto escoitar falar ó leo, e velo con eses ollazos
(e escoitar os orgullosos proxenitores)

:)

unha sorte que tedes!!!!

Peke said...

Xa sei que o vídeo non dá para moito, pero gustoume moito. Tamén a foto. Ten unha feridiña na meixela. que lle pasou?