Errar é de humanos
... pero rectificar é de sabios.
Vén isto a conto para dicir que metín a zoca cando dixen o outro día que chorar as prantas significa botar flor. Merce, An, Carlos Sousa e rui estaban no certo cando dicían que a viña chora cando a podas e cae savia. Cando o comentaron entráronme as dúbidas e consulteino cos compañeiros e aclararon o significado do verbo chorar nas viñas que coincide co que din os comentaristas. Síntoo porque o chorar malinterpretado por min habería de valer para facer poesías fermosas e todo pero non vai ser o caso.
Este asunto faime lembrar o erro no que estabamos algúns cando falaba un familiar noso da súa familia política e dicía: Fulano da Famulia, Zutana da Famulia. Nós estabamos convencidos que famulia significaba familia política. Só despóis de muitos anos descubrimos unha parroquia cun lugar chamado A Famulia que era de onde viñan eses familiares todos.
Curiosidades.
Etiquetas: lingua IV
14 comentarios:
O outro significado era moi poético, é verdade, mais agora sabemos que quere dicir outra cousa.
Grazas pola aclaración :-)
Unha aperta.
Antón.
Ti tranqui, sempre nos estás a mostrar términos típicos e nós a aprender.
Neste caso eu non dudei da túa opinión, simplemente comentei a única versión que coñecía de chorar as plantas. E esa era a das videiras da viña, que seguramente foi o único que podei fora de tempo. Este ano, como che contei, chegaban a cair pingueiras, non sei se sería polo tempo este que temos adiantado.
Non todo o mundo sabe recoñecer os erros.
Que pena a min gustábame, agora teño que rectificalo eu no meu blog
O de que choran as viñas iso xa o savia pero pensei que o da flor seria unha forma máis de dicir as cousas que se ten nalgúns lugares.
Agradécese a aclaración e tranquilo, rectificar é de sabios e eu sempre digo que ti es un home sabio. A.Cris
Agora necesito unha frase ou palabra bonita para rectificar, empeza a pensar. A.cris
Ten por seguro que a min encantoume teu post e ademais que: "as plantas choran con bagoas de mil fermosas cores" :) asi que deixaches un verdadeiro camiño aberto a interpretacion poetica, e ben fermosa por certo.
Gustoume eso da Famulia, si señor!!
Moitos bicos :)
:D non pretendia levarche a contra, so que pensei que estivera trabucado ata agora :D Saúdos e apertas meu
Vaaaaaaaale, perdoámoste :D
Eu xa escoitara o de chorar con este significado de chorar "resina".
Biquiñossssss
(qué curioso o da familia política)
Claro que é de humanos, e rectificar de sabios, eu tampouco o tiña moi claro mas cando podaba a viña tarde até daba pena toda a forza que se lle escapaba ao perder a savia.
Grazas pola aclaración.
Errar é tamén de sabios, e mais aínda se sabes recoñecer o erro. ;)
Xa esta arranxado , paideleo quixo dicir "a camelia de Leo chora de risa mentres florece" Asi queda chulisimo. Un Abrazo, A.Cris
PAIDELEO; grazas a ti por todo o que vou aprendendo co teu bo facer. Unha árbore en flor esta cheo de alegría hai risas por todos os lados e moitas veces chórase de risa. Eu creo que ao final acertaches. Un Abrazo A.Cris
De tódolos xeitos quen sabe na súa orixe se ambos verbos non estaban próximos no seu significado.....
e que fantástico é saber recuar para aprender mais!
beijos
o de chorar si co oin algunha vez para as parras, ainda que o do lugariño ese si que ten graza
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio