leoeosseus

xoves, 19 de marzo de 2009

Feira en Monçao


Hoxe aproveitamos o festivo e o bo tempo para acercarnos á feira de Monçao. A feira tópase abeirada á muralla que é case un elemento imprescindible na arquitectura das vilas portuguesas da zona e que lle dan unha beleza grande a estas poboacións. Merquei uns " zacatines " para sustituir os meus calcetíns furados do choio e tomamos consumicións baratas. Tamén coñecín a historia da heroína de Monçao que se chama Deu-la-deu Martins quen tirou pans dende a muralla aos asediadores galegos do século XIV e fixo que levantaran o asedio pensando que os portugueses tiñan alimentos a fartar.
Na foto sae unha zona de Monçao que merece unha restauración.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 20/03/09, 00:33 , Blogger Antón de Muros dixo...

Feliz día do pai ;-)

Vexo que aproveitaches o festivo.

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 20/03/09, 00:59 , Anonymous Anónimo dixo...

Home, eu tamén pasei pola feira de Monção hoxe. A verdade é que nin sabía que había feira. Fun dar unha camiñada polo río e acabei topando cos tenderetes!

 
Ás 20/03/09, 14:58 , Blogger gallega dixo...

Eu tirei pa playa.Fui a Francón, entre Cangas e Bueu.

Bicos

 
Ás 20/03/09, 15:40 , Blogger An dixo...

Si os galegos xa de aquela eramosche moi confiadiños de deus...aissss :D Saúdos e apertas meu, agardo que o pasasedes ben.

 
Ás 20/03/09, 16:57 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois sí que picamos como pardillos. A min soábame o de Deu la Deu, pola praza que se chama así.

Ir as feiras cánsame un pouco, pero estes pobos fronteirizos portugueses son moi fermosos. Gústame máis Melgaço, que seguramente coñeces ben. Estiven alí este sábado pasado, é moi tranquilo e está moi limpo. Pena que non poiden entrar na torre.

Unha aperta

 
Ás 20/03/09, 17:47 , Blogger Barreira dixo...

Pois eu estiven en Allariz, que sempre que podo achegome por ali, e perderme nas suas ruas estreitas e refrecarme á beira do rio.
Saudos.

 
Ás 20/03/09, 20:13 , Anonymous Anónimo dixo...

Creo que só estiven unha vez en Monçao. Foi nun xantar cos compañeiros e comín un bacallau esquisito. Lembro que despois tomamos algo no balneario e paseamos por ese marabilloso parque ao lado do Miño. É un sitio ben chulo, temos que quedar para ir cos nenos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio