leoeosseus

luns, 9 de marzo de 2009

Máis feo ca ...


Hoxe é luns e lembrei unha frase simpática que dixo un compañeiro haberá un par de semanas. Estabamos falando dun home e o compañeiro dixo: É máis feo ca un " lunes ". Penseino un pouco e fíxome graza.
Deixo aquí escrita esa frase para non esquecela anque hoxe non foi un luns particularmente feo. É máis, eu diría incluso que foi bonito cun tempo agradable para ir ao parque co Leo e desfrutar e todo.

Etiquetas:

17 comentarios:

Ás 09/03/09, 23:10 , Blogger Moraima dixo...

Ben acertada a frase, aínda que hoxe, como ben dis, foi un luns agradable. ;)

 
Ás 10/03/09, 00:20 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Para min os luns nunca é que foran moi feos, os martes sempre lle gañaban. O millor era por culpa do reenganche do luns.

Unha curiosidade, a foto é de Torneiros? Porque eses edificios si que son como un luns.

Un saúdo.

 
Ás 10/03/09, 00:38 , Anonymous Anónimo dixo...

eu teño oído dicir dunha persoa que é triste coma un venres santo (os luns non me pareceron nunca feos, peores son as tardes dos domingos)

 
Ás 10/03/09, 12:40 , Blogger Mer dixo...

pois depende do luns, non?

non estou nada dacordo con kaplan sobre as tardes de domingo, a mín encántanme, pero claro, o gusto é tremendamente subxetivo

o meu irmán cativo usa moitas destas e máis...que... pero eu non me acordo delas, salvo aquela tan besta e ordinaria "pesa máis que 1 kg. de merda nunha pestana"

ademáis non sei por qué a xente dí " e máis listo que as pesetas", teño oído bastante esta frase

 
Ás 10/03/09, 14:49 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Ai amigo que saudades vossas. O Leo está cada dia mais bonito e tem uns olhos que vão deixar muita menina sem ceia.
E sua esposa e Xiana, estão bem? Penso que lhe contei do nascimento da Mariana. É uma menina linda e já fez um mesinho.
Um abraço e tudo a correr bem para vós.

 
Ás 10/03/09, 17:29 , Blogger An dixo...

nunca a escoitara....sempre oin , eche máis feo que pichote...SAúdos e apertas

 
Ás 10/03/09, 17:56 , Blogger Mer dixo...

Recordei unha cousa.

Dixo a nai do rei que este noso monarca cando naceu era "más feo que un dolor", verbas textuales da señora.

 
Ás 10/03/09, 23:41 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

foi un luns fantastic, si. :)

 
Ás 11/03/09, 01:38 , Blogger Mar e Lúa dixo...

A min o que me gusta é que o luns xa quedou atrás e queda menos para a fin de semana...

A frase é moi boa, por certo... Creo que a vou engadir ó meu diccionario ;)

Biquiños!

 
Ás 11/03/09, 10:54 , Anonymous Anónimo dixo...

O luns é un dos meus días libres, non lle permito a ninguén que fale dese xeito :-)
Fai tempo contáronme un chiste, resulta que un home estaba casado cunha muller moi fea e burlábanse del os compañeiros de traballo decíndolle, pero home como podes deitarte cunha muller así...e un bon día, contestoulle " ai, se a mirárades cos meus ollos..."
Pois iso mesmo :-)

 
Ás 11/03/09, 13:18 , Anonymous Anónimo dixo...

Hai semanas nas que os luns sempre andan polo medio, coma os xoves.

 
Ás 11/03/09, 13:27 , Blogger Milego dixo...

Están uns días de medo, a ver se nos duran :)

 
Ás 11/03/09, 19:48 , Blogger Suso Lista dixo...

Feos non sei, pero raros, si que o son, os lunes.Aperta

 
Ás 11/03/09, 22:43 , Blogger insomniorizar dixo...

jejej, a min os q non me justan son os martes, pero sempre notei como estranos os domingos! Sempre pasoos no coche, de sardiñeiro cara santiago cando era estudiante e agora cara o ribeiro. As tardes de domingo semprte as paso no coche, menos mal q me gusta conducir! Un saudiño para os catro!

 
Ás 12/03/09, 10:43 , Blogger fgul dixo...

Sorteo do "Meme do Traste Galego".´
O número do sorteo da ONCE do día de onte (11 de Marzo) foi o 23488, polo que o gañador do Meme sería aquel que ten a terminación 88. Como non existe tal participante. Vólvese a sortear hoxe (día 12). Moita sorte.

 
Ás 12/03/09, 13:47 , Blogger Merce dixo...

A min os dias que mais me gustan son os venres, asi que, se fora ben parecido, diria: e tan guapo coma un venres :)


Bicos

 
Ás 12/03/09, 15:25 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois a min case que me amola máis pensar no luns ó caer a tardiña do domingo que despois xa metido no allo.
En calquera caso, sempre se lle pode contrapor aquelo do San Venres!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio