Wednesday, March 18, 2009

Media Galicia


Un día aí atrás mirei a farola da foto e o ceo e gustáronme así que tirei unha foto. Logo mireina no ordenador e descubrín que a nube de detrás da farola semella a metade norte de Galicia: unha curiosa casualidade.

12 comentarios:

Mario said...

Máis ben a provincia da Coruña, coa boca do dragón (a miña terra) máis aberta e fera que de costume. Falta facía.

Antón de Muros said...

Galicia está en todas partes ;-)

Unha aperta.

Antón.

elvira carvalho said...

Gostei da foto.
Deixo um abraço e as desculpas pelas ausências.

rui said...

Galiza agora coas gaivotas está no ceo! Mañá volto logo de tres meses. Saúdos

Kaplan said...

si, talmente o arco ártabro (xa dicían na peli El Orfanato que se mirásemos con moita atención as nosas fotos, levaríamos grandes sorpesas. eis o exemplo :-)

Merce said...

E que a nosa terriña e unica. Moi ben vista a foto.

Bicos

Carlos Sousa said...

As nubes mira que forman figuras caprichosas, so e cuestión de estar atento e botarlle imaxinación, o de plásmala nunha foto xa é máis complicado. Saíuche ben

Barreira said...

Pois si, curioso. E a nube do fondo parece o baixo miño.
Tan so faltaba unha nube que pintara as rias baixas.
Saudos.

Manuel L. Rodrigues said...

a min paréceme un can deitado

busto.agolada said...

Non será unha negra sombra que se aproxima polo noroeste?
Tamén pode interpretarse que Galicia é unha parte do ceo.
Apertas

Chousa da Alcandra said...

Si, e a Galicia Sur medio desdibuxada, e toda ela por unha farola non acesa iluminada...

(Non podo beber viño ás noites, que senón póñome poético)

LM said...

um sinal...?
beijos